Fernando Pedrosa Roldán
avogado e político galego
Fernando Pedrosa Roldán, nado en Melilla o 26 de novembro de 1923 e finado en Pontevedra o 16 de xullo de 2004,[1] foi un avogado e político galego.
Fernando Pedrosa Roldán | |
---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1923 |
Lugar de nacemento | Melilla |
Falecemento | 16 de xullo de 2004 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Fillos | Juan Luis Pedrosa |
Premios | Gran Cruz da Orde do Mérito Civil |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Avogado e Asesor Inspector de Corporacións Locais. Foi alcalde de Lugo[2] (1966-1973), Secretario xeral da Dirección Xeral de Administración Local e gobernador civil de Pontevedra (1974-1976)[3] durante o franquismo. Recibiu a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil en 1969.
Foi interventor da Deputación de Pontevedra e conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas (1986-1987).[4]
Predecesor: Antonio Quintana Peña |
Alcalde de Lugo 1966 - 1973 |
Sucesor: Antonio Pol González |
Predecesor: Xavier Suárez-Vence |
Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas 1986-1987 |
Sucesor: Antolín Sánchez Presedo |
Vida persoalEditar
Casou con María Teresa Fernández Martínez e foi pai de Álvaro, Juan Luis, Teresa e José Ignacio Pedrosa Fernández.
NotasEditar
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 18-7-2004, p. 67.
- ↑ Redacción (11 de xaneiro de 2016). "Nuevo alcalde en Lugo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021.
- ↑ "REAL DECRETO 1293/1976, de 6 de junio, por el que se dispone el cese de don Fernando Pedrosa Roldán como Gobernador civil y Jefe provincial de Pontevedra" (PDF). boe.es (en castelán). 7 de xuño de 1976. Consultado o 2 de decembro de 2021.
- ↑ González Ibáñez, Juan (5 de novembro de 1986). "Fernández Albor recupera a varios ex consejeros para su nueva Xunta". elpais.com (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021.