Agustín Hernández
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Agustín Hernández Fernández de Rojas, nado en Madrid o 31 de marzo de 1961, é un enxeñeiro de camiños, canles e portos pola Universidade Politécnica de Madrid e ademais un político galego do PPdeG.
Agustín Hernández | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 31 de marzo de 1961 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Politécnica de Madrid |
Ocupación | político |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
No persoal, está casado e ten tres fillos. No aspecto político, foi Director Xeral de Obras Públicas desde 1998 ata 2005. Foi elixido deputado por Pontevedra no parlamento de Galicia nas eleccións de 2009 polo Partido Popular, cando o partido liderado por Alberto Núñez Feijóo acadou o goberno da Xunta de Galicia. Hernández foi designado para ocupar o cargo de conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Cesou no cargo en xuño de 2014 para ser alcalde de Santiago de Compostela, cargo que desenvolveu ata as eleccións municipais de 2015, nas que o seu grupo resultou a segunda forza máis votada, cedendo a alcaldía ao candidato de Compostela Aberta, Martiño Noriega.
Fervenza do XallasEditar
Participou como enxeñeiro na construción, no ano 1985, do encoro de Santa Uxía, que imposibilitou durante vinte e cinco anos que o río Xallas desembocase no mar na fervenza do Ézaro. A raíz dunha denuncia do grupo ecoloxista AMS-Ríos con Vida, o propio Hernández resolveu en abril de 2011, sendo conselleiro de Medio Ambiente, impoñer un caudal ecolóxico a empresa FerroAtlántica na fervenza do Ézaro.[1]
Predecesor: María Xosé Caride |
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas 2009 - 2014 |
Sucesor: Ethel Vázquez |
Predecesor: Ángel Benito Currás Fernández |
Alcalde de Santiago de Compostela 2014 - 2015 |
Sucesor: Martiño Noriega Sánchez |
NotasEditar
- ↑ Recuperada a fervenza do Ézaro non só "por vacacións" Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine., artigo en Galicia Hoxe.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agustín Hernández |