Augas de Galicia
Augas de Galicia é unha entidade pública e empresarial da Xunta de Galicia que se rexe polo decreto 23/2012. Ata entón estaba formada polo organismo autónomo Augas de Galicia e a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos creados en 1996[1]. Augas de Galicia é a entidade creada para a xestión dos recursos hídricos de Galiza e o seu aproveitamento. Tamén ten funcións de vixilancia da legalidade e proposición de sancións polo incumprimento da normativa.
Augas de Galicia | |
---|---|
Oficina de atención ao público de Augas de Galicia en Santiago de Compostela | |
Tipo | organización |
Data de fundación | 1996 |
Organización matriz | Consellería de Infraestruturas e Mobilidade |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
https://augasdegalicia.xunta.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Funcións
editarAs funcións de Augas de Galicia baseánse nos seguintes obxectivos:[2]
- a) Utilización sustentable e racional da auga e contribución á preservación e mellora do medio ambiente e dos ecosistemas acuáticos.
- b) Compatibilidade da xestión pública da auga coa ordenación do territorio, actividade económica, conservación e protección do medio ambiente e a natureza.
- c) Demarcación Hidrográfica da costa de Galicia.
- d) Participación dos cidadáns, transparencia e información ao público.
- e) Eficacia na prestación dos servizos públicos de abastecemento, saneamento e depuración.
- f) Recuperación dos custos dos servizos relacionados coa auga, incluídos os custos ambientais, para acadar a suficiencia financeira do sistema a un prezo axeitado.
- g) Coordinación e cooperación entre as administracións públicas.
- h) Garantir da calidade da subministración da auga, defensa da saúde dos cidadáns e das cidadás.
- i) Solidariedade territorial nos investimentos en infraestruturas e de equidade social nas tarifarias.
Estrutura interna
editarO seu organigrama interno e funcionamento está estruturado en:
- Presidencia, órgano executivo.
- Consello Reitor, estrutura de participación integrada para o uso sostible da auga.
Notas
editar- ↑ "O director de Augas de Galicia destaca o esforzo feito na comunidade autónoma nos últimos anos para mellorar a calidade da auga Xunta de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2014. Consultado o 19 de xullo de 2014.
- ↑ Xunta de Galicia (13 de xaneiro de 2012). "DECRETO 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia". Diario Oficial de Galicia (9): 2064.