Elena Rivo

economista e política galega
(Redirección desde «Elena Rivo López»)

Elena Rivo López, nada en Ourense en 1971, é unha economista e política galega.

Infotaula de personaElena Rivo
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Director de teseCamilo Prado Freire Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , profesora universitaria , política Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 513534

Traxectoria editar

Estudou Económicas na Universidade Complutense de Madrid. Doutora en Administración e Dirección de Empresas coa tese Creación de valor en la empresa familiar, del enfoque tradicional a la moderna concepción global (2002).[1] É profesora asociada do Departamento de Organización de Empresas e Mercadotecnia da Universidade de Vigo dende 1999. Foi decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense (2013-2019). É vicerreitora do campus de Ourense.

Nas eleccións municipais de 2003 foi a número tres da candidatura do PPdeG ao concello de Ourense, e foi elixida concelleira. Foi concelleira de facenda. En xuño de 2023 foi nomeada conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade.[2]

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Ourense[3], pero dimitiu aos poucos días do seu escano, logo de ser destituída como conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar