María Xesús Lorenzana
María Xesús Lorenzana Somoza, nada na Coruña en 1981, é unha política galega do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 ![]() A Coruña, España ![]() |
Consellería de Economía e Industria | |
2023 – ← Francisco Conde López | |
Consellería de Emprego e Igualdade | |
2020 – 2023 ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade da Coruña ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política, avogada ![]() |
Partido político | Partido Popular de Galicia ![]() |
Traxectoria
editarLicenciouse en Dereito na Universidade da Coruña (2004) e ampliou os seus estudos en Dereito Autonómico no Instituto de Dereito Público de Barcelona. Aprobou as oposicións a letradas da Xunta en 2007. Ocupou diversos postos na Asesoría Xurídica da Xunta, entre eles, na asesoría xurídica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia. Desde novembro de 2011 até febreiro de 2013 foi a asesora xurídica da Presidencia da Xunta.
A partir de 2013 e durante sete anos, foi secretaria xeral técnica de diversas consellarías: Traballo e Benestar (2013), Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (2015), e Medio Rural (2018).
En setembro de 2020 foi nomeada conselleira de Emprego e Igualdade, unha consellería nova con competencias que até ese momento dependían de Economía.[1] En xuño de 2023 foi nomeada conselleira de Economía, Industria e Innovación e substituída por Elena Rivo López como conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade.[2]
Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña.[3]
Notas
editar- ↑ Redacción (2020-09-06). "La coruñesa María Jesús Lorenzana Somoza, nueva conselleira de Emprego e Igualdade". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2025-02-14.
- ↑ Villar, Daniel Domínguez,Paula Pérez,Carmen (2023-06-13). "Rueda entrega a Lorenzana el control de la economía y sitúa a Vázquez como vicepresidenta". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2025-02-14.
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarPredecesor: Francisco Conde López |
Conselleiro de Economía e Industria 2023 - actual |
Sucesor: no cargo |
Predecesor: Francisco Conde López |
Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración 2020 - 2023 |
Sucesor: Elena Rivo |