Susana Rodríguez Gacio

médica e atleta galega

Susana Rodríguez Gacio, nada en Vigo o 4 de marzo de 1988, é unha médica e atleta galega, especializada en tríatlon. Foi cinco veces campioa mundial de paratríatlon, catro veces campioa de Europa e medalla de ouro nos Xogos Paralímpicos de 2020 en Toquio.

Infotaula de personaSusana Rodríguez Gacio
Biografía
Nacemento(es) Susana Rodríguez Gacio Editar o valor em Wikidata
4 de marzo de 1988 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultade de Fisioterapia de Pontevedra
campus de Pontevedra
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica , triatleta Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConsellería de Sanidade Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportetríatlon Editar o valor em Wikidata
Participou en
2021Xogos Paralímpicos de 2020paratríatlon  (medalla de ouro olímpica)
setembro de 2016Xogos Paralímpicos de 2016 Editar o valor em Wikidata

Páxina websusanarg.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: SuRGAcio Instagram: susirodriguezgacio Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Na medicina editar

Rodríguez naceu con albinismo e unha grave deficiencia visual do 90%. Compaxinou desde a infancia a súa dedicación ao deporte coa paixón pola medicina. Estudou fisioterapia en Pontevedra, no Campus de Pontevedra e despois medicina na Universidade de Santiago de Compostela onde obtivo a súa licenciatura en 2015, ano no que comezou a preparar o MIR (Médico Interno Residente). Iniciou a súa residencia no ano 2016 como médico residente no Hospital Clínico de Santiago de Compostela, onde traballa como médica interna residente de Medicina física e rehabilitación. Ao regresar dos Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro en 2016 iniciou o seu traballo de primeiro ano de residente en consultas a pacientes.[1] Traballou en consultas externas ata abril do 2020, cando con motivo da pandemia da COVID-19 foi asignada a un programa de asistencia a pacientes por teléfono.[2]

Como deportista editar

Desde 1998 practicou atletismo cunha profesora da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) no Centro de Tecnificación de Pontevedra. Participou en competicións de atletismo ata 2008, cando ao non conseguir praza no mundial paralímpico, decidiu cambiar a actividade deportiva polo tríatlon. En outubro de 2012, en Auckland, proclamouse por primeira vez campioa do mundo de paratríatlon, na categoría TRI 6, con Mayalen Noriega como guía, título ao que sumou un bronce mundial en ácuatlon.[3] Ao ano seguinte foi bronce no Europeo de paratríatlon e subcampioa mundial en Londres, tanto de paratríatlon como de ácuatlon.[4]

En 2014 proclamouse campioa de Europa de paratríatlon PT5 en Kitzbühel,[5] mentres que no mundial celebrado en Edmonton, foi prata en ácuatlon e bronce en tríatlon.[6] En 2015 foi bronce mundial de tríatlon en Chicago,[7] e en marzo do ano seguinte conseguiu praza para os Xogos Paralímpicos de 2016 en Río de Xaneiro. Pouco antes dos Xogos foi bronce no Europeo de tríatlon e proclamouse por cuarta vez campioa do mundo de dúatlon en Avilés.[8] Xa na cita olímpica, competiu en tríatlon con Mabel Gallardo como guía, acabando na quinta posición.[9]

Despois de ser prata no Mundial de paratríatlon en 2017 en Rotterdam, logrou o seu segundo título en 2018 na cidade australiana de Gold Coast, e revalidouno ao ano seguinte en Lausana.[10][11] En canto ao campionato europeo, despois de dous subcampionatos consecutivos en 2017 e 2018, coroouse por segunda vez en 2019 en Valencia.[12]

En 2021 a triatleta paralímpica galega apareceu no último número da célebre revista Time.[13] Ese mesmo ano participou nos seus segundos Xogos Paralímpicos, en Toquio, adiados un ano por mor da pandemia de COVID-19. Fixo historia ao ser a primeira española en participar en dúas competicións diferentes: tríatlon e atletismo (1500 metros).[14] Na proba de tríatlon participou con Sara Loehr como guía e arrasou baixo a calor e a humidade da capital xaponesa, gañando o ouro con máis de catro minutos de vantaxe sobre a segunda clasificada, a italiana Anna Barbaro.[15] Non puido repetir o éxito nos 1500 metros, con Celso Comesaña de guía, acabando na quinta posición, pero conseguiu un diploma paralímpico e o récord de España da súa categoría.[14]

En novembro de 2021 logrou o seu cuarto título mundial de paratríatlon en Abu Zabi, superando de novo a Anna Barbaro por máis de 3 minutos.[16] En maio de 2022 gañou o seu terceiro título europeo, ao lograr a vitoria na cidade polaca de Olsztyn, dominando a proba de principio a fin e sacándolle máis de dous minutos á segunda clasificada, a británica Alison Peasgood.[17] Seis meses despois conquistou o seu quinto campionato do mundo, de novo en Abu Zabi, onde gañou a proba por diante da italiana Francesca Tarantello.[18] En xuño de 2023 agrandou o seu palmarés cun novo título europeo, o cuarto, levando o ouro por diante da francesa Annouck Curzillat e de Tarantello.[19]

Palmarés internacional editar

Tríatlon editar

 
A cidade de Vigo ós seus atletas.[20]
Xogos Paralímpicos
Ano Lugar Competición Medalla
2021   Toquio PTVI   Ouro
Campionato Mundial
Ano Lugar Competición Medalla
2012   Auckland TRI-6   Ouro
2013   Londres TRI-6b   Prata
2014   Edmonton PT5   Bronce
2015   Chicago PT5   Bronce
2017   Rotterdam PTVI   Prata
2018   Gold Coast PTVI   Ouro
2019   Lausana PTVI   Ouro
2021   Abu Zabi PTVI   Ouro
2022   Abu Zabi PTVI   Ouro
Campionato Europeo
2013   Alanya TRI-6b   Bronce
2014   Kitzbühel PT5   Ouro
2016   Lisboa PT5   Bronce
2017   Kitzbühel PTVI   Prata
2018   Tartu PTVI   Prata
2019   Valencia PTVI   Ouro
2022   Olsztyn PTVI   Ouro
2023   Madrid PTVI   Ouro

Dúatlon editar

Campionato Mundial
Ano Lugar Competición Medalla
2011   Xixón TRI-6   Ouro
2012   Nancy TRI-6   Ouro
2014   Pontevedra PT5   Ouro
2016   Avilés PT5   Ouro

Ácuatlon editar

Campionato Mundial
Ano Lugar Competición Medalla
2012   Auckland TRI-6   Bronce
2013   Londres TRI-6b   Prata
2014   Edmonton PT5   Prata

Recoñecementos editar

En 2023 recibiu a Medalla Castelao.[21] En abril de 2024 foi galardoada co Premio Nacional do Deporte á Mellor Deportista Feminina, sendo esta a primeira vez que o recoñecemento se entregaba a unha persoa con discapacidade.[22]

Notas editar

  1. "Susana Rodríguez: «Muchos no creían en mí, yo sí»". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-11-28. Consultado o 2021-07-09. 
  2. "Susana Rodríguez Gacio, paratriatleta y médico: «Claro que tengo miedo, pero sé que donde puedo aportar es aquí»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-03-20. Consultado o 2021-07-09. 
  3. "La gallega Susana Rodríguez gana el Mundial de Paratriatlón". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de outubro de 2012. p. 48. 
  4. "Susana Rodríguez, plata en Londres". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo ed.). 14 de setembro de 2013. p. 9. 
  5. Bruquetas, Antón (22 de xuño de 2014). "Susana Rodríguez y Serrat se lucen en el Europeo de Kitzbühel". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  6. "Susana Rodríguez, bronce no mundial de paratríatlon de Edmonton". 31 de agosto de 2014. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  7. "SUSANA RODRIGUEZ GACIO | Paralímpicos". Consultado o 2021-03-09. 
  8. "Susana Rodríguez, campeona del mundo de duatlón". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xuño de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  9. "Susana Rodríguez Gacio, quinta nos Xogos Paralímpicos". 11 de setembro de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  10. "Susana Rodríguez, campioa do mundo de paratríatlon en Gold Coast". 15 de setembro de 2018. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  11. "Gran éxito del triatlón paralímpico español con tres títulos mundiales y un total de 4 medallas en el Campeonato del Mundo de Lausana" (en castelán). 1 de setembro de 2019. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  12. "Susana Rodríguez y Paula García, conquistan el título en el Europeo de triatlón paralímpico en Valencia" (en castelán). 14 de setembro de 2019. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  13. Redacción (2021-07-09). "Susana Rodríguez, a galega na portada de Time: médica, divulgadora e paralímpica". GCiencia. Consultado o 2021-07-09. 
  14. 14,0 14,1 "Susana Rodríguez suma un diploma paralímpico en atletismo tras el oro en triatlón". RTVE (en castelán). 31 de agosto de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  15. "Susana Rodríguez se lleva el oro en triatlón" (en castelán). 28 de agosto de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  16. "Susana Rodríguez conquista su cuarto título mundial" (en castelán). 5 de novembro de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  17. "Susana Rodríguez Gacio, campeona de Europa de paratriatlón". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de maio de 2022. Consultado o 4 de xuño de 2023. 
  18. "Susana Rodríguez gana su quinto título mundial en paratriatlón". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de novembro de 2022. Consultado o 4 de xuño de 2023. 
  19. "Susana Rodríguez Gacio domina o campionato de Europa de paratriatlón". Televisión de Galicia. 4 de xuño de 2023. Consultado o 4 de xuño de 2023. 
  20. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 
  21. "Rueda avanza as Medallas Castelao 2023: estas son as persoas premiadas". Nós Diario. 22 de xuño de 2023. 
  22. "A triatleta Susana Rodríguez recolle o Premio Nacional do Deporte". Nós Diario. 4 de abril de 2024. Consultado o 6 de abril de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar