Amancio López Seijas

empresario galego

Amancio López Seijas, nado en 1955 en Camporramiro (Chantada), é un empresario galego fundador e presidente do Grupo Hotusa.

Infotaula de personaAmancio López Seijas
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Camporramiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEADA Business School Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 193300

Traxectoria editar

Cursou Estudos Empresariais e o PDX (Programa de Dirección Xeral) de EADA (Escola de Alta Dirección e Administración).[1]

En 1977 fundou o Grupo Hotusa en Barcelona, é o seu presidente desde ese ano.

É membro do Consello Consultivo de Aena, vicepresidente de Exceltur, vogal do Consello Consultivo Empresarial da CEOE, vicepresidente da Comisión Permanente Consello Consultivo de Turismo da CEOE, vogal do Consello Consultivo de Turespaña, vogal do Consello Consultivo da Patronal de Cataluña, Foment del Treball, membro do Consello de Administración do Círculo de Economía e do Consello de Administración de CEAL Ibérica.[1]

Amancio López Seijas é un dos membros da lista dos máis ricos de España en 2023, elaborada por El Mundo.[2]

Está moi ligado á súa terra de Chantada onde creou unha das sedes do grupo hoteleiro con varios centos de postos de traballo.[3]

O empresario reivindicou o poder transformador e impulsor do turismo e destacou que grazas, sobre todo, a el, o XXI será “o século das cidades”.[4]

É o impulsor do encontro internacional Foro A Toxa.[5]

Premios editar

  • Premio Príncipe Felipe a la Excelencia Turística 2008, a Hotusa, que el dirixe.[6]
  • Billó de Ouro 2013.[7]
  • Premio á Traxectoria Empresarial AIJEC, 2014.[8]
  • Premio á Excelencia 'Vasco Da Gama' da Cámara Hispano-Portuguesa, 2017.[9]
  • XII Premio Victoriano Reinoso, 2018.[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 AmChamSpain. "Amancio López". www.amchamspain.com (en castelán). Consultado o 2023-10-24. 
  2. "Amancio López Seijas. Los más ricos de 2023 en España". ELMUNDO (en castelán). 2023-02-08. Consultado o 2023-10-24. 
  3. "Amancio López Seijas: «Tenía claro que si hacíamos algo en Chantada sería para perdurar»". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-02-02. Consultado o 2023-10-24. 
  4. "Amancio López Seijas (Grupo Hotusa): "El XXI será el siglo de las ciudades gracias al turismo"". Tourinews (en castelán). 2023-07-14. Consultado o 2023-10-24. 
  5. "Amancio López Seijas, promotor del foro La Toja: «Decir que la culpa de todo es de los políticos es de una enorme simpleza»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-10-05. Consultado o 2023-10-24. 
  6. "El Grupo Hotusa obtiene el Premio Príncipe Felipe a la Excelencia Turística 2008". viajar.elperiodico.com (en castelán). 2008-04-17. Consultado o 2023-10-24. 
  7. "El director de Hotusa, emocionado con el premio Billó de Ouro Sociedade Cultural e Gastronómica Luso-Galaica". asociacionculturallusogalaica.org. Consultado o 2023-10-24. 
  8. Nexotur. "AIJEC concede el premio a la trayectoria empresarial a Amancio López Seijas, presidente del Grupo Hotusa". Nexotur (en castelán). Consultado o 2023-10-24. 
  9. Hosteltur. "Amancio López, premiado por la Cámara de Comercio Hispano-Portuguesa". Hosteltur: Toda la información de turismo (en castelán). Consultado o 2023-10-24. 
  10. "Entrega del XII Premio Victoriano Reinoso a Amancio López Seijas – AEGAMA" (en castelán). 2018-02-19. Consultado o 2023-10-24.