Fernando Pérez Barreiro
Fernando Pérez Barreiro, nado en Viveiro o 22 de decembro de 1896 e finado en Ferrol o 19 de agosto 1968,[1] foi un xornalista, escritor e político galego.
Fernando Pérez Barreiro | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1896 |
Lugar de nacemento | Viveiro |
Falecemento | 19 de agosto de 1968 |
Lugar de falecemento | Ferrol |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e político |
Fillos | Fernando Pérez-Barreiro Nolla |
Irmáns | Pedro Pérez Barreiro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Cursou estudos da carreira eclesiástica, que non rematou, e licenciouse en Dereito na Universidade Central. Exerceu a avogacía e a docencia en Viveiro e trasladouse a Ferrol, onde se dedicou activamente á política. Foi presidente da Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) local e impulsor do Sindicato Católico Agrario, inspirado polas ideas de Eugenio Vázquez Gundín. Foi presidente de Acción Popular e deputado a Cortes en 1936, pero foi anulada a súa elección pola Fronte Popular. Colaborou en El Departamento de Ferrol e dirixiu Pro Neutralidad, La Sirena del Norte, La Voz de la Verdad, La Verdad e El Correo Gallego (en dúas ocasións).
Vida persoal editar
Casou en 1926 con Matilde Nolla López e foi o pai do escritor e tradutor Fernando Pérez-Barreiro Nolla.
Obras editar
- Pavesas de la hoguera, 1912.
- Andrómenas, 1922.
- Virgen y Mártir, novela aparecida en Heraldo de Vivero.
- El Digesto no indigesto. Anecdotario forense del humorismo galaico, 1952 (serie de textos en castelán nos que os personaxes populares empregan o galego).
- Ducia e pique de fábulas. Atiriño prá un fabulario gallego, 1954.
Notas editar
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-8-1968, p. 20.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Para ser e crear necesitas independencia Arquivado 04 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. Conversa con Fernando Pérez-Barreiro Nolla