Mariano Tudela

xornalista e escritor galego

Mariano Rodríguez Tudela, coñecido como Mariano Tudela, nado na Coruña o 23 de febreiro de 1925 e finado en Madrid o 12 de outubro de 2001, foi un escritor e xornalista galego.[1]

Modelo:BiografíaMariano Tudela
Biografía
Nacemento23 de febreiro de 1925 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de outubro de 2001 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, guionista, escritor, novelista Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosOlivia Rodríguez Editar o valor en Wikidata
Premios

Enciclopedia Galega Universal: 179569 Galiciana: 207147 BNE: XX1112026 BUSC: tudela-mariano-1925-2001 Dialnet: 4586289

Traxectoria

editar

Estudou o bacharelato na Coruña e varios cursos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC). En 1948 publicou o seu primeiro libro de relatos, La linterna mágica, seguido dous anos despois da novela curta El hombre de las tres escopetas e, en 1951, da súa primeira novela longa, El torerillo de invierno, con limiar de Camilo José Cela. Fundou en 1954 con Urbano Lugrís a revista Atlántida. Instalouse en Madrid en 1956, onde colaborou na prensa e foi guionista de radio, televisión e cine, e tradutor. Dirixiu desde 1964 ata 1966 a revista de radio e televisión CAR. Publicou once novelas, cinco libros de contos e cincuenta biografías noveladas (algunhas publicadas con pseudónimos, como "René Luard"). Tamén foi tradutor, en colaboración con Ascensión González Deus, de autores como Marcel Proust, Pierre McOrlan, Gilbert Cesbron, Jean Lartéguy ou Jorge Amado.

Faleceu en Madrid aos 76 anos de idade e foi levado ao cemiterio de Santo Amaro da Coruña, á beira da súa esposa, a tradutora e autora Ascensión (Chon) González Deus.[2]

Radio, televisión e cinema

editar

Durante máis de 25 anos, Tudela foi guionista profesional de Radio Nacional de España e doutras emisoras, e de 1963 a 1985 traballou frecuentemente para Televisión Española. Como guionista de radio, televisión e cinema, a súa actividade remóntase a 1957, cando en colaboración con José Antonio Nieves Conde escribe tres libretos cinematográficos: Más que maduro, Luz de agonía e Rehenes. Posteriormente mantivo en antena un programa cultural realizado por Marcos Reyes para TVE. Creou dúas series dramáticas, de cinco capítulos cada unha, que dirixiron Pilar Miró e Sergio Schaff: Veinte años después e Patio de vecindad. O devandito Nieves Conde realizou, igualmente para TVE, dúas miniseries con guións de Mariano Tudela, inspiradas nas vidas de Tareixa de Xesús e Juan de la Cruz.

É autor, así mesmo, de libretos biográficos nos que repasou a vida de personaxes como Frei Junípero Serra, o doutor Puigvert ou o toureiro Domingo Ortega, ou de espazos dramáticos como La nevera, orixinal do autor, ou a versión en castelán, emitida en TVE o 18 de maio de 1976, de Os vellos non deben de namorarse de Alfonso R. Castelao. Escribiu, en colaboración con Daniel Cortezón, o guión de Prisciliano, emitido pola Televisión de Galicia, e foi coautor da serie Del Miño al Bidasoa, traslación en imaxes do libro de viaxes de Camilo José Cela, estreada en TVE.

Xunto con José Antonio Verdugo deu remate ao guión cinematográfico El himno de Riego, inspirado na novela do mesmo título de José Esteban. Con destino a televisión, a súa derradeira colaboración foi para a serie Fantasmas, versión fílmica en seis capítulos da obra homónima de Wenceslao Fernández Flórez.

Recoñecementos

editar

Recibiu, entre outros premios, o Doncel de biografía en 1962; o Nacional de Xornalismo Julio Camba en 1988, e os galardóns Puerta Bisagra, Casino de Mieres e Alfonso VIII de contos, así como o premio de novela Ramón Gómez de la Serna do Concello de Madrid.

O 25 de xuño de 1998 recibiu a Medalla de Bronce de Galicia.

Novela

editar
  • (1951) El torerillo de invierno, Barcelona, Luis de Caralt (reedicións: Barcelona, G.P.,1975).
  • (1956) Más que maduro, Barcelona, Luis de Caralt.
  • (1959) El techo de lona Barcelona, Pareja y Borrás (reedicións: Barcelona, G.P., 1971 e 1975).
  • (1963) Nueva tierra de promisión, Madrid, Bullón (reedicións: Barcelona, G.P., 1970)
  • (1972) Últimas noches del corazón, Madrid, Sala Editorial (reedicións: Barcelona, G.P.,1977).
  • (1976) La madrugada de las mercenarias, Barcelona, Argos.(reedicións: Barcelona, Argos, 1977. Barcelona, G.P., 1982)
  • (1977) Los cómplices del sol, Madrid, Sedmay.
  • (1978) El aliento del diablo, Madrid, Sedmay.
  • (1988) Amarga canción del recuerdo, Barcelona, Anthropos.
  • (1996) La estrella rota , Premio “Ramón Gómez de la Serna” del Ayuntamiento de Madrid (Inédita).

Novela curta

editar
  • (1952) El hombre de las tres escopetas, Santander, Hordino.
  • (1996) Retablo de la glorieta, Mieres, Firma.

Contos

editar
  • (1948) La linterna mágica, Madrid, Sáez.
  • (1994) Fiebre negra y otras historias, Madrid, Bitácora.
  • (2000) El coleccionista de primaveras, Madrid, Deputación de Cuenca.

Biografías

editar
  • (1957) La bella Otero, Barcelona, A.H.R.
  • (1958) Luis Candelas, Barcelona, A.H.R.(reedicións: 1973, Madrid, Organización Sala. 1984, Madrid, Hathor).
  • (1958) La Caramba, Barcelona, G.P. (reedición, Barcelona, Plaza y Janés, 1959)
  • (1959) Azorín, E.P.E.S.A.
  • (1960) Biografía de la prostitución, Barcelona, Rafael Borrás (reedición posterior en Ferma, Barcelona).
  • (1962) Vida del joven Andersen, Madrid, Doncel.
  • (1969) Valle Inclán, vida y milagros, Barcelona, Vassallo de Mumbert (reedicións: Barcelona, Vassallo de Mumbert, 1972.Madrid, Urbión, 1984).
  • (1969) Azorín, Madrid, E.P.E.SA.
  • (1970) Cela, Madrid, E.P.E.S.A.
  • (1971) Pancho Villa, vida, leyenda y aventura, Barcelona, Plaza y Janés.
  • (1970-1972) La Galería siniestra, (serie de 32 biografías con distintos pseudónimos, de personaxes que pasaron á crónica negra universal), Madrid, Rollán.
  • (1972) El conde Fernán González, Madrid, Doncel.
  • (1972) Curzio Malaparte, Madrid, E.P.E.S.A.
  • (1983) Álvaro Cebreiro: vida y afanes de un creador, Sada (A Coruña), O Castro.
  • (1985) Pío Baroja o la vida de un novelista, Madrid, Urbión.
  • (1985) Mariana Pineda, Madrid, Urbión.
  • (1985) Zumalacárregui, Madrid, Sílex.
  • (1988) Ramón Gómez de la Serna, vida y obra, Madrid, Hathor.
  • (1991) Camilo José Cela, Madrid, Grupo Libro.

Ensaios

editar
  • (1962) Historia del gangsterismo, Barcelona, Ferma.
  • (1976) Vivir en La Coruña, Madrid, Organización Sala.
  • (1979) Los españoles con el culo al aire, Madrid, Albia.
  • (1985) Aquellas tertulias de Madrid, Madrid, El Avapiés. (reedición en 1985)
  • (1988) (et alii) Café Gijón: 100 años de historia: nombres, vidas, amores y muertes, Madrid, Kaydeda.
  • (1999) Vivir na Coruña, tradución de Olivia Tudela, A Coruña, Deputación da Coruña.

Artigos xornalísticos

editar

Vida persoal

editar

Casou con Ascensión González Deus, e foi pai de Mariano, Olivia, Lucía e Luís Rodríguez González.

  1. Rodríguez González, Mariano (2013). «In memoriam». Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, volumen 16. Consultado el 19 de enero de 2018. https://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/view/43693/41291
  2. Padín, Ángel (13 de octubre de 2001). «Obituario». lavozdegalicia.es. Consultado el 1 de enero de 2018. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2001/10/13/fallece-madrid-76-anos-escritor-corunes-mariano-tudela/0003_785069.htm

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Couceiro Freijomil, Antonio (1953), "" Diccionario bio-bibliográfico de escritores", vol.III, P-Z, Santiago de Compostela, Bibliófilos Gallegos.
  • Ramoneda, Arturo (1993), En Gullón, Ricardo (dir.), "Diccionario de Literatura Española e Hispanoamericana", vol.2.
  • Rodríguez González, Olivia (2025), "Mariano Tudela (1925-2001) e a súa xeración literaria", Discurso lido por Dª OLIVIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ ao ser recibida como Membro de Número deste Instituto durante a sesión pública que se celebrou solemnemente o día 28 de abril de 2025 no Salón de Sesións do Palacio Municipal de María Pita da Coruña, e a contestación a cargo do Membro de Número D. Felipe Senén López Gómez .A CORUÑA, 2025. https://www.coruna.gal/ijcec/gl/publicacions/detalle-publicacions/olivia-carmen-rodriguez-gonzalez-discurso-de-ingreso/contenido/1453893690386
  • Soldevila Durante, Ignacio (1980): ""La novela española desde 1936", Madrid: Alhambra.
  • Varela Jácome, Benito (1951), "Historia de la literatura gallega", Santiago, Porto y Cía.

Ligazóns externas

editar