Candidatura Democrática Galega

A Candidatura Democrática Galega foi presentada de xeito conxunto nas eleccións xerais de 1977, celebradas o 15 de xuño, para o Senado de España. Estaba formada polo MCG, o PPG, o PCG, o PSOE e máis o PSG.

Candidatura Democrática Galega
Historia
FundaciónEleccións xerais de España de 1977 (ao Senado), eleccións xerais de España de 1979 (ao Senado)
Posicións políticas
Ideoloxíacentro-esquerda, galeguismo
Co apoio do PSOE en 1977.

Características

editar

Agrupaba diversas personalidades do centro-esquerda galeguista e recibía o apoio do PSOE, que só se presentou en solitario en Lugo, onde non houbo candidatura de CDG. Resultaron elixidos tres senadores: Manuel Iglesias Corral (provincia da Coruña),[1] Valentín Paz-Andrade (provincia de Pontevedra)[2] e Celso Montero (provincia de Ourense).[3] Celso Montero integrouse no grupo parlamentario do PSOE, en tanto que Paz-Andrade e Iglesias pasaron ao grupo Mixto (Manuel Iglesias integrouse no grupo parlamentario de Unión de Centro Democrático en agosto de 1978).

A coalición mantívose nas eleccións de 1979, pero só Paz-Andrade se mantivo nela, mentres que Montero e Iglesias foron reelixidos respectivamente polo PSOE e UCD. CDG presentou candidatura en Pontevedra, sendo elixido Paz-Andrade o candidato máis votado da coalición pero sen conseguir saír elixido. Os outros candidatos foron Nicanor Ocampo e Maximino Sanmartín.[4]

  1. Manuel Iglesias Corral na web do Senado de España.
  2. Valentín Paz Andrade na web do Senado de España.
  3. Celso Montero na web do Senado de España.
  4. Resultados de las elecciones de 1979 al Senado en 1979 Arquivado 02 de decembro de 2011 en Wayback Machine..

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Candidatura Democrática Galega, EGU.

Ligazóns externas

editar