Jaime Pérez Colemán
profesor e político galego
Jaime Pérez Colemán, nado en 1882 e finado en Ourense o 19 de decembro de 1964, foi un catedrático e político galego.
Jaime Pérez Colemán | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1882 |
Falecemento | 19 de decembro de 1964 |
Lugar de falecemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | profesor de ensino secundario e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi catedrático de Literatura dos Institutos de Ourense e Valencia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi o redactor, xunto con José Fernández Borrajo, da primeira folla de propaganda difundida polos rebeldes. Foi designado polos gobernadores civil e militar para acudir á Asemblea Anti-Comunista de Lisboa en agosto, e ingresou en Falange a mediados de decembro. Foi presidente da Deputación de Ourense do 11 de xullo de 1938 a outubro de 1939. Posteriormente foi Delegado de Educación Popular. Finou en Ourense o 19 de decembro de 1964.[1]
Predecesor: José Zarauza Piñeiro |
Presidente da deputación de Ourense 1938 - 1939 |
Sucesor: Alfonso Junquera Devesa |
NotasEditar
- ↑ El Pueblo Gallego, 20-12-1964, p. 12.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Prada Rodríguez, Julio (2009). "A depuración das responsabilidades políticas dos galeguistas ourensáns. Unha achega". Boletín da Real Academia Galega (370): 231–251. Consultado o 5 de outubro de 2021.