José Fernández Borrajo

avogado e político galego

José Fernández Borrajo, finado en Ourense o 7 de xuño de 1985, foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaJosé Fernández Borrajo
Biografía
Morte7 de xuño de 1985 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Avogado en Ourense, colaborou en La Región. Militante do Partido Galeguista. Foi un dos asinantes do manifesto da Dereita Galeguista de Ourense encabezado por Vicente Risco en febreiro de 1936.[1] Foi elixido presidente do grupo ourensán da Dereita Galeguista.[2] Colaborou na campaña a prol do Estatuto. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado policía honorario vinte e catro horas despois da declaración do estado de guerra e foi o redactor, xunto con Jaime Pérez Colemán, da primeira folla de propaganda difundida polos rebeldes. Ingresou na milicia de segunda liña dos Caballeros de Santiago, formou parte da súa comisión depuradora e afiliouse á Comuñón Tradicionalista (onde foi membro da súa Xunta de Guerra e exerceu de Delegado de Organización e Relacións Exteriores dende xaneiro de 1937). Colaborou na prensa, en actos de propaganda e foi vogal da Comisión de Integración de FET y de las JONS, Delegado Provincial de Propaganda e Prensa de FET y de las JONS, secretario da Comisión Provincial de Mutilados, secretario do Colexio de Avogados e presidente do Tribunal Tutelar de Menores. Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas que foi sobresido, porén, a instancia do Servizo de Depuración de FET y de las JONS, a Secretaría Xeral decretou a súa expulsión pola militancia no Partido Galeguista. No franquismo foi presidente do Liceo Recreo Orensano (1956-1959), da Cámara de Comercio de Ourense (1963-1976) e da Coral de Ruada. Maxistrado suplente da Audiencia Provincial, foi presidente do consello de administración de Aguas de Sousas. Finou en Ourense o 7 de xuño de 1985.[3]

Notas editar

  1. Jose Perille Garra (por Mary Cruz Bangueses Covelas)
  2. "La Derecha Galleguista", El Compostelano, 22-4-1936, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, Ourense, 9-6-1985, p. 37.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar