Lingua wayuu

lingua da familia arauaca

O wayuu (en wayuu: Wayuunaiki), é unha lingua arauaca falada por 305 000 persoas do pobo wayuu, que habitan no noroeste de Venezuela e no nordeste de Colombia, na península da Guajira. O wayuu é unha das grandes linguas arauacas. Existen diferenzas mínimas dependendo da rexión da Guajira na que vivan os falantes. A meirande parte dos mozos wayuu tamén falan español de xeito fluído. A extinta lingua guanebuca puido ter sido un dialecto do wayuu.

Wayuu
Wayuunaiki
Pronuncia:[waˈjuːnaiki]
Outros nomes:Guajiro
Falado en: Colombia e Venezuela
Rexións: Península da Guajira
Total de falantes: 420 000 (2008–2012)[1]
Familia: Americana
 Arauaco
  Setentrional
   Ta-arauacas
    Wayuu
Escrita: Alfabeto latino
Regulado por: Centro Etnoeducativo Kamusuchiwo’u
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: guc
Mapa
Status

O wayuu está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Para promover a integración cultural e o ensino bilingüe entre os wayuu e os outros colombianos, o Centro Etnoeducativo Kamusuchiwo’u desenvolveu unha iniciativa para crear un dicionario ilustrado wayuunaiki–español, español–wayuunaiki.[3]

  1. ethnologue.com (ed.). "Wayuu en Ethnologue". Consultado o 1 de abril de 2021. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. (en castelán) El Wayuunaiki impreso Arquivado 19 de xuño de 2009 en Wayback Machine.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar