Pobo wayuu

pobo indíxena de Colombia e Venezuela

Os wayuu (tamén chamados wayu, wayúu, guajiro, wahiro) son un pobo indíxena que habita na península da Guajira, no norte de Colombia e o noroeste de Venezuela. A lingua wayuu forma parte da familia lingüística das linguas macroarauacas.

Pobo wayuu
Bailaríns wayuu.
Poboación
Poboación total:
c  800 000
Rexións principais:
Venezuela415 498 (2011)[1]
Colombia380 460 (2018)[2]
Aspectos culturais
LinguaLingua wayuu
Relixiónrelixión tradicional e catolicismo
Grupos
relacionados
Arauacos

Xeografía

editar
 
Territorio dos wayuu.

Os wayuu habitan nun territorio de 15 300 km2 dentro do departamento de la Guajira, Colombia, e 12 000 km2 dentro do estado Zulia, Venezuela, na costa do mar Caribe. O clima da sabana xerófila ó sur e occidente (Baixa Guajira) e de estepa árida ou semiárida ó norte e leste (Alta Guajira), é cálido e seco. A pluviosidade desta rexión é moi reducida e só hai chuvias no juyapu, entre setembro e decembro. Na Alta Guajira está o denominado Macizo Guajiro[3] conformado polas serras Macuira, Jala'la, Chiare, Cojoro e Cocinas e o cerro Epitsú, que acada até 900 msnm. Ó sur da baixa Guajira corren, cara ó oeste o río Ranchería e o río Limón cara ó leste.

  1. INE (2013) "Primeiros Resultados Censo Nacional 2011: Poboación Indíxena de Venezuela. Consultado o 22 de febreiro de 2013. Os wayú son o 57,3 % da poboación indíxena censada en Venezuela, un total de 725 128 persoas.
  2. DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021. 
  3. Chaves, Milciades (1953) «La Guajira: una región y una cultura de Colombia.» Revista Colombiana de Antropología 1: 123-195. Bogotá.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar