Lingua taína
O taíno[2] é unha lingua extinta da familia arauaca falada historicamente polo pobo taíno do Caribe. No tempo da chegada dos colonizadores españois, era a principal lingua do Caribe. O taíno clásico (ou propiamente taíno) era a lingua nativa no norte das Antillas, en Porto Rico, en Turks e Caicos e a maioría da Española, e estaba a estenderse en Cuba. O ciboney está sen documentar, pero as fontes coloniais suxiren que eran un dialecto do taíno que se falaba na parte occidental da Española, nas Bahamas, Xamaica e na maioría de Cuba.
Taíno | ||
---|---|---|
Falado en: | Bahamas, Cuba, República Dominicana, Haití, Xamaica, Porto Rico, Turks e Caicos | |
Rexións: | Caribe | |
Extinción: | século XVI[1] | |
Familia: | Americana Arauaco Setentrional Te-arauacas Taíno | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | tnq
| |
A finais do século XV, o taíno desprazara as linguas anteriores agás no oeste de Cuba e nalgúns lugares da Española. Coa colonización española, a cultura taína esmoreceu e a lingua foi subtituída polo castelán e outras linguas europeas. Extinguiuse en cen anos despois do contacto.[1] A lingua puido ter sobrevivido nalgúns lugares illados do Caribe até o século XIX.[3] Como a primeira lingua nativa coa que os europeos se encontraron no Novo Mundo, é a principal fonte de novas palabras americanas incorporadas ás linguas europeas.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Alexandra Aikhenvald (2012) Languages of the Amazon, Oxford University Press
- ↑ Definición de taíno, -na no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Reyes, David (2004). "The Origin and Survival of the Taíno Language" (PDF). Issues in Caribbean Amerindian Studies 5 (2). Consultado o 19 de febreiro de 2017.