Eleuthera
Eleuthera é unha das illas das Bahamas. Localízase no nordeste do arquipélago, a 80 quilómetros de Nassau, e ten unha forma alongada e estreita. Ten preto de 8 mil habitantes segundo o censo do ano 2000.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Reinos da Commonwealth | Bahamas | |||
Poboación | ||||
Poboación | 7.826 (15,11 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 518 km² | |||
Medición | 2 () × 180 () km | |||
Bañado por | Mar Caribe | |||
Altitude | 60 m-24 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
O nome Eleuthera deriva da palabra grega ελεύθερος (eleutheros), que significa Ceibe.
Os habitantes orixinais das illas, os taínos e os arawacos foron deportados polos colonizadores españois para traballa-las minas da illa A Española, onde se extinguiron ao redor do ano 1550. Crese que a illa estivo deshabitada até a colonización europea que se produciu polo ano 1648, cando arribaron os primeiros peregrinos puritanos dende as Bermudas, quen foron os que lle deron o actual nome á illa. Algúns cren que Cristovo Colón chegou primeiro a esta illa antes que a calquera outra das Indias.
A illa creceu prosperamente entre os anos 1950 e 1980, polos investimentos feitos polos industriais norteamericanos, actualmente a principal actividade económica é o turismo. Conta con tres aeroportos: o North Eleuthera, Governor's Harbour Airport e Rock Sound Airport.