Long Island, Bahamas
Long Island (Illa Longa) é unha illa nas Bahamas que está dividida polo Trópico de Cáncer. a súa capital é Clarence City. Long Island é un dos Distritos das Bahamas e é coñecida como a illa máis pintoresca das Bahamas. A poboación era de 3.094 habitantes no censo de 2.010.[1]
Long Island, Bahamas | |
---|---|
![]() Localización da illa | |
Mapa da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Arquipélago | Arquipélago das Lucayas |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 23°23′N 75°06′O / 23.383, -75.100Coordenadas: 23°23′N 75°06′O / 23.383, -75.100 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Caio |
Superficie | 596 km² |
Longura máxima | 130 km. |
Largura máxima | 6 km. |
Demografía | |
Capital | Clarence City |
Poboación | 3.094 hab. (2010) |
Densidade | 5´2 hab./km² |
Xeografía
editarIlla Longa (en inglés: Long Island) ten case 130 quilómetros de longo e 6 km no seu punto máis largo, a superfice é de 596 km². a illa Longa esta a aproximadamente a 265 quilómetros ao sueste de Nassau a capital das Bahamas, que se atopa na illa de New Providence. Algúns dos principais asentamentos son Clarence City ou Cidade Clarence, que é a capital da illa, Hamilton (famoso pola súa cova de viaxes), The Buckley, Scrub Hill, Simms, Salt Pond e Stella Maris. Illa Longa é un dos distritos das Bahamas recoñecidos como un dos máis pintorescos de todo o arquipélago.
O lado nordés de Long Island caracterízase polos seus empinados promontorios rochosos, mentres que a costa suroeste caracterízase polas súas amplas praias de area branca. O terreo varía amplamente en toda a illa, incluídas as extensións planas brancas de onde se extrae o sal, as terras pantanosas, as praias e os outeiros inclinados (no norte) e baixos (no sur).
Long Island é particularmente coñecida polas súas covas, que xogaron un papel importante na historia da illa. Dean's Blue Hole, situado ao oeste de Clarence Town, é o segundo pozo máis profundo do mundo, caendo a unha profundidade duns 200 metros, polo que é máis do dobre da profundidade da maioría dos outros grandes buracos.
Long Island está rodeada de pequenas baías e enseadas, incluído o gran New Found Harbour ao oeste de Deadman's Cay, aproximadamente na metade da illa. Tamén hai illas máis pequenas fora da costa, incluído Sandy Cay.
Historia
editarA illa foi orixinalmente chamada co nome arahuaco de "Yuma". Foi rebautizada "Fernandina" por Cristovo Colón na súa primeira viaxe en 1492, crese que foi a a súa terceira parada, logo de San Salvador e Rum Cay. Evidencias arqueolóxicas mostran que a tribo taína Lucayan vivía en Illa Longa, probablemente no sistema de covas da illa, como o fixeron en toda a cadea de illas de Bahamas. Logo da desaparición dos lucayans, foron levados como escravos á Española e Cuba, desde entón non houbo grandes asentamentos ata a chegada de norteamericanos leais á Coroa Británica.
Os leais á Coroa eran persoas procedentes principalmente de Nova Inglaterra e Nova Jersey que fuxiron da Revolución Americana. Numerosas familias asentáronse na época en Illa Longa, o que produciu o establecemento dalgunhas plantacións de algodón e outros actividades como a cría de gando e ovellas. As plantacións floreceron só uns poucos anos e, no momento da abolición da escravitude en 1834, a maioría delas abandonáronse. Hai moitas ruínas desta época, a maioría das cales son cubertas pola selva. Tamén hai restos dalgunhas das casas construídas logo da escravitude, que polo xeral son pequenas e construídas de pedra. Orixinalmente tiñan teitos de palla, hoxe, a maioría son modernas. Os descendentes destas familias seguen estando moi estendidos na illa. A poboación de Illa Longa é de aproximadamente 4000 habitantes.
Parte da economía baséase no turismo e a agricultura, a pesca. Os habitantes cultivan chícharos, millo, plátanos e ananás, e posúen pequenos animais como porcos, galiñas, cabras e ovellas. Algúns se utilizan como gando para a exportación. Os turistas gozan da vela, pesca, mergullo, snorkeling e do relaxarse en praias e o estudo da súa peculiar paisaxe, que consisten de outeiros escarpadas e ondas ao longo da costa oriental do Atlántico, con augas máis tranquilas na costa oeste.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ LONG ISLAND POPULATION BY SETTLEMENT AND TOTAL NUMBER OF OCCUPIED DWELLINGS: 2010 CENSUS - Bahamas Department of Statistics
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Long Island, Bahamas |