Pobos maias
Os pobos maias[3] son un grupo de pobos indíxenas de Mesoamérica. Habitan no sur de México, Guatemala, Belize, O Salvador e Honduras. O termo "maia" é unha designación colectiva que inclúe a pobos da mesma área que comparten algún grao de herdanza cultural e lingüística ; porén, abrangue poboacións con características distintivas, poboacións, sociedades e grupos étnicos que teñen as súas propias tradicións, culturas e identidade histórica.
Pobos maias | |
---|---|
Mulleres ixil en Nebaj, Guatemala. | |
Poboación | |
Poboación total: 7 millóns (estimación de comezos do século XXI)[1][2] | |
Rexións principais: | |
Guatemala | 5 474 377 (2009) |
México | 759 000 (2005) |
Belize | ? |
O Salvador | ? |
Honduras | ? |
Aspectos culturais | |
Lingua | Linguas maias, castelán, inglés e crioulo belicense |
Relixión | Cristianismo e relixión maia |
A poboación precolombiana maia era de arredor de oito millóns de persoas.[4] Arredor de sete millóns de maias vivían nesta área a comezos do século XXI.[1][2] As poboacións de Guatemala, o sur de México e a península do Iucatán, Belize, O Salvador e o oeste de Honduras conseguiron manter en grande medida a súa herdanza cultural. Algunhas poboacións están bastante integradas dentro da maioría mestiza castelanizada das nacións nas que residen, mentres que outras manteñen un estilo de vida máis tradicional, mantendo algunha das linguas maias como primeira lingua.
A meirande poboación contemporánea de maias habita en Guatemala, Belize, e as partes occidentais de Honduras e O Salvador, así como en partes dos estados mexicanos do Iucatán, Campeche, Quintana Roo, Tabasco e Chiapas.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Indigenous Peoples of the World: The Maya Arquivado 03 de xullo de 2014 en Wayback Machine.. Intercontinentalcry.org. Consultado o 27 de abril de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 Nations, James D. (1 de xaneiro de 2010). The Maya Tropical Forest: People, Parks, and Ancient Cities. University of Texas Press. ISBN 978-0-292-77877-1.
- ↑ Definición de maia no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ The pre Columbian Civilisations of Central America – The Mesoamericans – Causes and Consequences of the Medieval Warm Period Arquivado 24 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.. Sites.google.com. Consultado o 27 de abril de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobos maias |
Bibliografía
editar- Voss, Alexander (2006). "Astronomy and Mathematics". En Nikolai Grube (ed.). Maya: Divine Kings of the Rain Forest. Eva Eggebrecht and Matthias Seidel (assistant eds.). Cologne: Könemann. pp. 130–143. ISBN 3-8331-1957-8. OCLC 71165439.
- Wagner, Elizabeth (2006). "Maya Creation Myths and Cosmography". En Nikolai Grube (ed.). Maya: Divine Kings of the Rain Forest. Eva Eggebrecht and Matthias Seidel (Assistant eds.). Cologne: Könemann. pp. 280–293. ISBN 3-8331-1957-8. OCLC 71165439.