Linguas maias

As linguas maias[1] forman unha familia lingüística falada en Mesoamérica e norte de Centroamérica. As linguas maias son faladas por preto de 6 millóns de indíxenas maias, principalmente en Guatemala, México, Belize e Honduras. En 1996, Guatemala recoñeceu formalmente 21 linguas maias polo seu nome,[2] e México recoñeceu oito máis dentro do seu territorio.[a]

Linguas maias
Falado en: Sur de México, Guatemala, Belize, oeste de Honduras e O Salvador.
Rexións: Mesoamérica
Total de falantes:
Familia: Protomaia
 Linguas maias
Escrita: Escrita maia, alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: myn
Distribution-myn2.png

A familia maia é unha das mellor documentadas e máis estudadas das linguas americanas.[3] As linguas maias modernas descenden do protomaia, unha lingua que se pensa que foi falada hai 5 000 anos e que foi parcialmente reconstruída usando o método comparativo. A lingua protomaia diversificou en seis pólas lingüísticas diferentes: a huasteca, quicheana, a iucateca, a q’anjob’al, a mameana e a ch'ol-tzeltal.

As linguas maias forman parte da área lingüística mesoamericana, unha zona de converxencia creada a través de séculos de interacción entre os pobos de Centroamérica. Tódalas linguas maias presentan os trazos diagnósticos básicos da súa área lingüística. Por exemplo, todas empregan substantivos relacionais no canto de preposicións para indicar relacións espaciais. Tamén posúen trazos gramaticais e tipolóxicos que os diferencian doutras linguas de Centroamérica, como o uso da ergatividade no tratamento gramático dos verbos, os seus suxeitos e obxectos, categorías flexivas específicas nos verbos e unha clase gramatical especial de "posicións" que é característica das linguas maias.

Durante a era precolombiana da historia de Mesoamérica, algunhas linguas maias foron escritas na escrita hierolóxica maia. O seu uso foi particularmente estendido durante o período clásico da civilización maia (c. 250–900 AD). O corpus supervivente componse de 5 000 inscricións coñecidas en edificios, monumentos, olaría e códices,[4] combinada coa rica literatura poscolonial maia escrita en alfabeto latino, o cal achega unha base para o entendemento moderno da historia precolombiana que non ten comparanza en toda América.

HistoriaEditar

ProtomaiaEditar

 
Rutas e datas de migración aproximada para as diversas familias lingüísticas maias. A rexión amosada como protomaia é a ocupada no presente polos falantes da póla q’anjob’al (azul claro noutras imaxes).[b]

As linguas maias son descendentes dunha protolingua chamada protomaia ou, en maia kʼicheʼ, Nabʼee Mayaʼ Tzij ("a vella lingua maia").[5] Crese que a lingua protomaia foi falada nas terras altas de Cuchumatanes, no centro de Guatemala, nunha área que se corresponde co territorio onde se fala o q’anjob’al no presente.[6] A proposta máis antiga sobre esta teoría foi a que identificou as terras altas de Chiapas-Guatemala[7] como o posible "berce" das linguas maias, e foi publicado polo anticuario e estudoso alemán Karl Sapper.[c] Terrence Kaufman e John Justeson reconstruíron máis de 3 000 elementos léxicos da lingua protomaia.[8]

De acordo coa clasificación vixente creada por Lyle Campbell e Terrence Kaufman, a primeira división ocorreu arredor do -2200, cando a póla huasteca se separou do maia despois de que os falantes se trasladasen cara ó norte seguindo a costa do golfo de México.[9] Os falantes de protoiucateco e protoch'ol separáronse do grupo principal e movéronse cara ó norte até a península do Iucatán. Os falantes da póla occidental movéronse cara ó sur até as áreas hoxe habitadas polos pobos mam e quiché. Cando os falantes do prototzeltal se separaron máis tarde do grupo ch'ol e se trasladaron cara ó sur até as terras altas de Chiapas, entraron en contacto con falantes de linguas mixe-zoque.[10] De acordo cunha teoría alternativa de Robertson e Houston, o huasteco permaneceu nas terras altas de Guatemala xunto cos falantes de ch'ol-tzeltal, separándose desa póla moito máis tarde segundo propón Kaufman.[11]

No período arcaico (antes do ano -2000), un bo número de préstamos das linguas mixe-zoque semellan terse incorporado na lingua protomaia. Isto levou á hipótese de que os maias da antigüidade foron dominados polos falantes de linguas mixe-zoque, posiblemente os olmecas.[d] No caso das linguas xincas e lenca, pola contra, as linguas maias foron máis frecuentemente a fonte de préstamos e non os recipientes. Especialistas das linguas maias como Campbell cren que isto suxire un período de intenso contacto entre os maias e os pobos lenca e xinca, posiblemente durante o período clásico (250–900).[3]

Período clásicoEditar

 
Glifos maias do período clásico gravados en estuco no Museo de sitio en Palenque, México.

Durante o período clásico, as pólas principais comezaron a diversificarse en linguas separadas. A división entre o protoiucateco (no norte, é dicir, a península do Iucatán) e o protochʼol (no sur, é dicir, as terras altas de Chiapas e a bacía do Petén) produciuse durante o período clásico, cando a maioría das inscricións maias foron creadas. Ámbalas dúas variantes están atestadas nos xeróglifos dos sitios arqueolóxicos maias daquela épica, e as dúas son comunmente chamadas como "lingua maia clásica". Aínda que unha soa lingua de prestixio foi, con moito, o máis frecuentemente rexistrado en textos xeroglíficos existentes, existen evidencias doutras tres variedades maias que foron descubertas no corpus xeroglífico conservado até o presente, a primeira, unha variedade do chʼol oriental atopada en textos escritos na área meridional maia e nas terras altas, unha segunda variedade chʼol occidental difundida na rexión de Usumacinta a mediados do século VII,[12] e unha terceira variedade iucateca descuberta en textos da península do Iucatán.[13] O motivo polo cal só unhas poucas variedades están presentes nos textos glíficos é probablemente a que esas variedades lingüísticas servían como dialectos de prestixio ó longo de todo o territorio maia; os textos xeroglíficos poderían estar escritos na lingua da elite.[13]

Stephen Houston, John Robertson e David Stuart suxeriron que a variedade específica do chʼol atopada na maioría dos textos xeroglíficos das terras baixas do sur era a lingua que eles chaman "chʼoltiʼ clásico", o devanceiro dos actuais chʼortiʼ e ch’olti’. Propuxeron tamén a súa orixe nas zonas occidental e meridional da bacía do Petén, e que era usado tanto nas inscricións como polas elitas e os sacerdotes.[14] Porén, Mora-Marín argumentou que os trazos compartidos pola lingua maia clásica das terras baixas e as linugas chʼoltiʼ eran máis ben retencións e non innovacións, e que a diversificación da familia chʼol é de feito posterior ó período clásico. A lingua das inscricións clásicas das terras baixas podería ter sido o protochʼol.[15]

Período colonialEditar

Durante a colonización española de América Central, tódalas linguas indíxenas foron eclipsadas polo castelán, que se converteu na nova lingua de prestixio. O uso das linguas maias en moitos eidos importantes da sociedade, como a administración, a relixión e a literatura, chegou á súa fin. Porén, a área maia foi máis resistente á influencia foránea que outras áreas de América,[e] e quizais por esa razón, moitas comunidades maias aínda manteñen unha alta proporción de falantes monolingües. No presente, a área maia está dominada polo castelán. Mentres que un certo número de linguas maias están ameazadas ou perigo de desaparición, outras gozan de vitalidade, con falantes en tódolos grupos de idade e con uso cotián en tódolos dominios da sociedade.[f]

Período modernoEditar

 
Debuxo con texto escrito en lingua chuj en Ixcán, Guatemala.

Conforme avanzaron as investigacións arqueolóxicas sobre os maias durante o século XX, así como o espallamento dun sentimento nacionalista e ideoloxías de orgullo étnico, moitos pobos de fala maia comezaron a desenvolver unha identididade étnica compartida como "maias", os herdeiros da civilización maia.[g]

A verba "maia" semella derivar da cidade posclásica de Mayapán, no Iucatán; o seu significado máis restrinxido nos tempos precoloniais e coloniais apunta á súa orixe nunha rexión particular da península do Iucatán. O significado actual e máis amplo de "maia", usado para definir as relacións lingüísticas, tamén é empregado para facer referencia a elementos étnicos ou culturais. A maioría dos maias identifícanse primeiro e de forma prevalente co grupo étnico específico, como por exemplo "iucateco" ou "kʼicheʼ"; mais tamén recoñecen un parentesco maia compartido.[16] A lingua foi fundamental para definir os límites dese parentesco. Fabri escribe: "O termo maia é problemático porque os pobos maias non constitúen unha identidade homoxénea. O concepto "maia" converteuse máis ben nunha estratexia de autoidentificación para os movementos maias e os seus seguidores. A Academia de Linguas Maias de Guatemala (ALMG, ou K’ulb’il Yol Twitz Paxil) identificou vinte e unha linguas maias".[17] Este orgullo de unidade levou a unha insistencia en distinguir as diferentes linguas maias, algunhas das cales están tan estreitamente relacionadas entre elas que facilmente poderían ser consideradas como dialectos dunha soa lingua. Porén, o termo de "dialecto" foi historicamente empregada no pasado con connotacións racistas, xa que os estudosos facían unha distinción espúrea entre os "dialectos" amerindios e as "linguas" europeas. Por ese motivo, en anos recentes en Mesoamérica tendeuse a designar as variedades lingüísticas faladas por grupos étnicos diferentes como linguas separadas.[h]

En Guatemala, asuntos como o desenvolvemento de ortografías estandarizadas para as linguas maias son xestionados pola Academia de Linguas Maias de Guatemala (ALMG), que foi fundada polas organizacións maias en 1986. Logo dos acordos de paz de 1996, a academia gañou un recoñecemento crecente como a autoridade reguladora das linguas maias tanto entre os eruditos maias como entre os pobos maias.[18][19]

Xenealoxía e clasificaciónEditar

Relacións con outras familiasEditar

A familia de linguas maias non ten unha relación xenética demostrada con outras familias lingüísticas. As semellanzas con algunhas linguas de Mesoamérica son entendidas como produto do contacto e a difusión de trazos lingüísticos do maia con outras linguas veciñas, e non por ter devanceiros comúns. Demostrouse que Mesoamérica foi unha área dunha substancial difusión lingüística.[20]

Un amplo número de propostas foron presentadas para relacionar a familia maia con outras familias lingüísticas e mesmo con linguas illadas, mais ningunha desas teorías é apoiada polos lingüistas. Exemplos disto son as pretendidas conexións do maia coas linguas uru–chipaya, o mapuche, as linguas lenca, o purépecha e o huave. O maia tamén foi incluído en varias hipósteses que o relacionaban coas linguas hokanas e as linguas penutianas. O lingüista Joseph Greenberg incluíu o maia na súa controvertida hipótese amerindia, que é rexeitada polos lingüistas históricos como insostible de acordo coas probas existentes.[21]

Nun escrito de 1997, Lyle Campbell, un experto en linguas maias e lingüística histórica, argumentou que a proposta máis prometedora é a da hipótese "macromaia", que estabelece unha posible ligazón entre as linguas maias, as linguas mixe-zoque e as linguas totonacas, mais aínda son precisas máis investigacións para apoiar ou rexeitar esta hipótese.[3] En 2015, Campbell sinalou que as evidencias recentes presentadas por David Mora-Marin fan que a relación entre as linguas maias e as linguas mixe-zoque sexa "moito máis plausible".[22][23]

SubdivisiónsEditar

A familia maia consta de trinta linguas. Polo xeral, estas linguas agrúpanse en 6 grupos principais (iucateco, huasteco, chʼol–tzeltal, qʼanjobʼal, mameano e quicheano).[9][24][25] A familia lingüística maia está extremadamente ben documentada e o seu esquema de clasificación xenealóxica está amplamente aceptado e estabelecido, agás por algunhas diferenzas sen resolver.[26]

Un tema aínda a debate é a posición do chʼol e qʼanjobal–chuj. Algúns estudosos pensan que forman unha póla separada occidental[9] (como na imaxe inferior). Outros lingüistas non apoian esta posición dunha relación estreita entre o chʼol e o qʼanjobal–chuj; consecuentemente eles clasifícano como dúas pólas distintas que emanan directamente dunha protolingua.[27] Unha clasificación alternativa propón a póla huasteca xurdindo do nodo chʼol–tzeltal, no canto ser unha póla allea que procede directamente do protomaia.[11][14]

DistribuciónEditar

 
Distribución xeográfica actual das linguas maias en México e América Central.
 
Mapa das comunidades lingüísticas maias co tamaño relativo da poboación. (O iucateco e o kʼicheʼ con 900 000 e 400 000 falantes respectivamente.

Os estudos estiman que as linguas maias son faladas por máis de 6 millóns de persoas. A maioría deles vive en Guatemala onde, segundo as estimacións, arredor do 40% ou 60% da poboación fala unha lingua maia. En México, a poboación falante de maia estimouse nuns 2,5 millóns de persoas no ano 2010, mentres que a poboación falante en Belize rolda as 30 000 persoas.[25]

Póla occidentalEditar

As linguas do grupo chʼol estiveron outrora amplamente difundidas por toda a área maia, mais no presente a lingua con máis falantes é a chʼol, falada por 130 000 persoas en Chiapas.[28] O seu parente máis achegado, a lingua maia chontal,[i] é falado por 55 000 persoas[29] no estado de Tabasco. Outra lingua relacionada, hoxe en perigo, é a chʼortiʼ, que é falada por unhas 30 000 persoas en Guatemala.[30] Tamén foi falada anteriormente nos extremos oeste de Honduras e O Salvador, mais a variedade salvadoreña está extinta e a de Honduras está considerada moribunda. O chʼoltiʼ, unha lingua irmá do chʼortiʼ, tamén está extinta.[9] As linguas chʼol son consideradas máis conservadoras en vocabulario e fonoloxía, e polo tanto máis estreitamente relacionadas coa lingua da era das inscricións atopadas nas terras baixas centrais. Puideron ter servido como linguas de prestixio, coexistindo con outros dialectos nalgunhas áreas. Esta premisa achega unha explicación plausible para a distancia xeográfcia entre a zona chʼortiʼ e as áreas onde se fala o chʼol e o chontal.[31]

Os parentes máis achegados das linguas chʼol son as linguas da póla tzeltal, o tzotzil e o tzeltal, ámbalas dúas faladas en Chiapas por unha poboación grande ou crecente (265 000 falantes par o tzotzil e 215 000 para o tzeltal).[32] O tzeltal ten ducias de milleiros de falantes monolingües.[33]

O qʼanjobʼal é falado por unhas 77 700 persoas no departamento de Huehuetenango, en Guatemala,[34] con pequenas poboacións noutros lugares. Dende a zona dos falantes qʼanjobʼal en Guatemala, por mor das políticas xenocidas durante a guerra civil e pola proximidade coa fronteira con México, emigraron un bo número de refuxiados. Por este motivo existen pequenas comunidades de falantes de qʼanjobʼal, jacalteco e aguacateco en varios lugares de México, os Estados Unidos (como no Condado de Tuscarawas, Ohio[35] e nos Ánxeles, California[36]), e, debido ós reasentamentos despois da guerra, noutras partes de Guatemala.[37] O jacalteco (tamén coñecido como Poptiʼ[38]) é falado por case 100 000 persoas en varios concellos[39] de Huehuetenango. Outro membro da póla é o acateco, con máis de 50 000 falantes en San Miguel Acatán e San Rafael La Independencia.[40]

O chuj é falado por unhas 40 000 persoas en Huehuetenango, e por outras 9 500 persoas, principalmente refuxiadas, ó outro lado da fronteira de México, no concello de La Trinitaria, Chiapas, e nas vilas de Tziscau e Cuauhtémoc. O tojolabʼal é falado no leste de Chiapas por 36 000 persoas.[41]

Póla orientalEditar

As linguas quicheanas e mameanas, con dúas subpolas e tres subfamilias, son faladas nas terras altas de Guatemala.

O qʼeqchiʼ (ás veces escrito kekchi), que constitúe a súa propia subpola dentro do grupo quicheano-mameano, é falado por preto de 800 000 persoas no sur dos departamentos de Petén, Izabal e Alta Verapaz, en Guatemala, así como en Belize por unhas 9 000 persoas. No Salvador é falado por unhas 12 000 persoas como resultado das migracións recentes.[42]

A lingua uspanteca, que provén directamente do nodo quicheano-mameano, é nativo exclusivamente do concello de Uspantán, no departamento de El Quiché, e ten uns 3 000 falantes.[43]

Dentro da subpola quicheana atópase o kʼicheʼ, a lingua maia con maior número de falantes, con arredor de 1 000 000 maias kʼicheʼ nas terras altas de Guatemala, nas vilas de Chichicastenango e Quetzaltenango e na montañas de Cuchumatán, así como emigrantes urbanos en Cidade de Guatemala.[34] O famoso documento mitolóxico maia, Popol Vuh, está escrito nunha variedade antiga da lingua kʼicheʼ a miúdo chamada kʼicheʼ clásico (ou quiché). A cultura kʼicheʼ estaba no seu momento álxido no momento da chegadas dos colonizadores españois. Qʼumarkaj, preto da actual cidade de Santa Cruz del Quiché, foi o seu centro económico e cerimonial.[44] O achi é falado por unhas 85 000 persoas en Cubulco e Rabinal, dous concellos de Baja Verapaz. Nalgunhas clasificacións, como por exemplo a de Campbell, o achi é contado como unha variedade do kʼicheʼ. Porén, debido a unha división histórica entre os dous grupos étnicos, os maias achi non se consideran a si mesmos como kʼicheʼ.[j] A lingua kaqchikel é falada por unhas 400 000 persoas na área que se estende dende Cidade de Guatemala até a costa norte do lago de Atitlán.[45] O tzʼutujil ten preto de 90 000 falantes que viven nos arredores do lago de Atitlán.[46] Outros membros da póla kʼicheʼ son o sacapulteco, falado por preto de 15 000 persoas do departamento de El Quiché,[47] e o sipacapense, que é falado por 8 000 persoas en Sipacapa, San Marcos.[48]

A meirande lingua da subpola mameana é a mam, falada por 478 000 persoas nos departamentos de San Marcos e Huehuetenango. O aguacateco é a lingua de 20 000 habitantes de Aguacatán, un concello de Huehuetenango. O ixil (posiblemente tres linguas diferentes) é falado por 70 000 persoas na rexión do "Triángulo ixil" do departamento de El Quiché.[49] O tectiteco (ou teko) é falado por unhas 6 000 persoas no concello de Tectitán, e por 1 000 refuxiados en México. De acordo co Ethnologue, o número de falantes de tectiteco está a medrar.[50]

As linguas poqom están estreitamente relacionadas coas quicheanas, coas cales constitúen a subpola poqom-kʼiche do nodo quicheano-mameano.[51] O poqomchiʼ é a lingua de 90 000 persoas[52] en Purulhá, Baja Verapaz, e nos seguinte concellos de Alta Verapaz: Santa Cruz Verapaz, San Cristóbal Verapaz, Tactic, Tamahú e Tucurú. O poqomam é falado por unhas 49 000 persoas en diversos puntos de Guatemala.[53]

Póla iucatecaEditar

 
As áreas onde o maia iucateco é falado na península do Iucatán.

O maia iucateco (coñecido sinxelamente como "maia" polos seus falantes) é a lingua maia máis falada de México. É falada por aproximadamente 800 000 persoas, a gran maioría delas habitantes da península do Iucatán.[34][54] É a lingua común do Iucatán e dos estados adxacentes de Quintana Roo e Campeche.[55]

As outras tres linguas iucatecas son o mopán, falada por unhas 10 000 persoas principalmente en Belize; a itzaʼ, unha lingua moribunda da bacía do Petén, en Guatemala;[56] e o lacandón ou lakantum, tamén gravemente ameazada con só 1 000 falantes nunhas poucas vilas da Selva Lacandona, en Chiapas.[57]

Póla huastecaEditar

O huasteco (tamén escrito como wastek e huaxtec) é falado nos estados mexicanos de Veracruz e San Luis Potosí por unhas 110 000 persoas.[58] É a máis diverxente das linguas maias modernas. O chicomucelteco foi unha lingua relacionada co huasteco e falada en Chiapas que se extinguiu por volta do ano 1982.[59]

FonoloxíaEditar

Sistema sonoro do protomaiaEditar

O protomaia (o devanceiro común das linguas maias reconstruído empregando o método comparativo) ten unha estrutura silábica predominante CVC (consoante-vogal-consoante), só permitindo grupos de consoantes a través dos límites das sílabas.[9][24][k] A maioría das raíces protomaias eran monosilábicas, agás unhas poucas raíces nominais disilábicas. Por mor da posterior perda de vogais, moitas linguas maias modernas amosan complexos grupos de consoantes en ámbolos extremos das sílabas. De acordo coa reconstrución de Lyle Campbell e Terrence Kaufman, a lingua protomaia tiña os seguintes sons.[24] Suxeriuse que o protomaia era unha lingua tonal, en base ó feito de que catro linguas maias contemporáneas teñen tons (o iucateco, o uspanteco, o tzotzil de San Bartolo[l] e o mocho’), mais como se pode demostrar que estas linguas teñen un ton innovador de diferentes maneiras, Campbell considera que é pouco probable.[24]

Vogais do protomaia
Anterior Central Posterior
Curta Longa Curta Longa Curta Longa
Pechada i u
Semifechada e o
Aberta a
Consoantes do protomaia
Bilabial Alveolar Palatal Velar Uvular Glotal
Xorda Implosiva Xorda Exectiva Xorda Exectiva Xorda Exectiva Xorda Exectiva Xorda
Oclusiva p ɓ t tʲʼ k q ʔ
Africada t͡s t͡sʼ t͡ʃ t͡ʃʼ
Fricativa s ʃ x h
Nasal m n ŋ
Líquida l   r
Semivogal j w

Evolución fonolóxica do protomaiaEditar

Artigo principal: Lingua protomaia.

A clasificación das linguas maias baséase nos cambios compartidos entre os grupos de linguas. Por exemplo, tódalas linguas do grupo occidental (como o huasteco, o iucateco e o chʼol) cambiaron o fonema protomaia */r/ por [j], algunhas linguas do grupo oriental manteñen [r] (kʼicheʼ), e outras cambiárono a [tʃ] ou, como final de palabra, [t] (no caso mameano). As innovacións compartidas entre o huasteco, o iucateco e o chʼol amosan que se separaron das outras linguas maias antes de que se produciran os cambios atopados noutras pólas.[60]

Reflexos do *[r] protomaia nas linguas maias contemporáneas
Protomaia Huasteco Iucateco Mopán Tzeltal Chuj Qʼanjobʼal Mam Ixil Kʼicheʼ Kaqchikel Poqomam Qʼeqchiʼ
*[raʔʃ]
"verde"
[jaʃ] [jaʔʃ] [jaʔaʃ] [jaʃ] [jaʔaʃ] [jaʃ] [tʃaʃ] [tʃaʔʃ] [raʃ] [rɐʃ] [raʃ] [raʃ]
*[war]
"durmir"
[waj] [waj] [wɐjn] [waj] [waj] [waj] [wit]
(Aguacateco)
[wat] [war] [war] [wɨr] [war]

A palatalización das [tʲʼ] e [tʲ] oclusivas non están presentes nas familias modernas. Pola contra están reflectidas de forma diferente en diversas pólas, permitindo unha reconstrución deses fonemas como oclusivos palatalizados. Na póla oriental (chuj-qʼanjobal e chʼol) están reflectidos como [t] e [tʼ]. No grupo mameano están reflectidos como [ts] e [tsʼ] e no quicheano como [tʃ] e [tʃʼ]. O iucateco salienta doutras linguas occidentais en que as súas oclusivas palatalizadas transfórmanse en ocasións en [tʃ], e ás veces en [t].[61]

Reflexos do [tʲʼ] e [tʲ] protomaias[62]
Protomaia Iucateco Qʼanjobʼal Poptiʼ Mam Ixil Kʼicheʼ Kaqchikel
*[tʲeːʔ]
"árbore"
[tʃeʔ] [teʔ] [teʔ] [tseːʔ] [tseʔ] [tʃeːʔ] [tʃeʔ]
*[tʲaʔŋ]
"cinsas"
[taʔn] [tan] [taŋ] [tsaːx] [tsaʔ] [tʃaːx] [tʃax]

O nasal velar protomaia *[ŋ] reflíctese como [x] no grupo oriental (quicheano–mameano), [n] no qʼanjobalan, o chʼol, o iucateco, [h] e o huasteco, e só se conserva como [ŋ] no chuj e no jacalteco.[60]

Reflexos do [ŋ] protomaia[62]
Protomaia Iucateco Qʼanjobal Jacalteco Ixil Kʼicheʼ
*[ŋeːh]
"cola"
[neːh] [ne] [ŋe] [xeh] [xeːʔ]

DitongosEditar

A calidade das vogais clasifícase polo xeral como vogais monofongas. Nos contextos tradicionalmente ditongados, as linguas maias realizarán a secuencia V-V (vogal-vogal) inserindo unha parada glótica que desfai o hiato ou coa inserción de deslizamento entre as vogais. Algunhas linguas da póla quicheana amosan ditongos desenvolvidos a partir de vogais longas históricas, rompendo /e:/ e /o:/.[63]

GramáticaEditar

A morfoloxía das linguas maias é máis sinxela que o doutras linguas mesoamericanas,[m] aínda que a súa morfoloxía está considerada como aglutinante e polisintética.[64] Os verbos están marcados por aspecto ou tempo, a persoa do suxeito, a persoa do obxecto (no caso dos verbos transitivos), e pola pluralidade da persoa. Os substantivos posuídos están marcados pola persoa do posuidor. Nas linguas maias, os substantivos non están marcados por caso, e o xénero non está marcado explicitamente.

Orde das palabrasEditar

Crese que o protomaia tiña unha orde de palabras básica de verbo obxecto suxeito con posibilidade de cambiar a verbo suxeito obxecto en certas circunstancias, como en oracións complexas, oracións onde obxecto e suxeito tiñan igual animación e cando o suxeito era definitivo.[n] Hoxe, o iucateco, o tzotzil e o tojolabʼal teñen unha orde de palabras fixa de verbo obxecto suxeito. O mameano, o qʼanjobʼal, o jacalteco e un dialecto do chuj teñen unha orde fixa de verbo suxeito obxecto. Só o chʼortiʼ ten unha orde de palabras suxeito verbo obxecto. Outras linguas maias permiten tanto ordes de verbo suxeito obxecto como verbo obxecto suxeito.[65]

Clasificadores numeraisEditar

En moitas linguas maias, o feito de contar require do uso de clasificadores numerais, que especifican a clase de elementos a ser contados; o numeral non pode aparecer sen o acompañamento do clasificador. Algunhas linguas maias, como o kaqchikel, non usan clasificadores numerais. A clase é polo xeral asignada de acordo a se o obxecto é animado ou inanimado ou segundo a forma xeral do obxecto.[66] Así, cando se contan obxectos "planos" úsase unha forma diferente de clasificador numeral á que se usa para contar cousas redondas, elementos alongados ou persoas. Nalgunhas linguas maias como o chontal, os clasificadores toman a forma de afixos unidos ó número; noutras como o tzeltal, son formas libres. O jacalteco ten tanto clasificadores numerais como clasificadores de substantivos, e estes últimos poden ser empregados como pronomes.[67]

O significado denotado por un substantivo pode modificarse cambiando o clasificador que o acompaña. En lingua chontal, por exemplo, cando o clasificador -tek é empregado cos nomes das plantas enténdese que os obxectos que están sendo enumerados son árbores enteiras. Se nesta expresión un clasificador diferente, -tsʼit (para contar obxectos longos e esveltos) é empregado no canto de -tek, isto transmite o significado de que só se están contando paus ou pólas da árbore:[68]

Diferenzas semánticas nos clasificadores numéricos (do chontal)
untek wop "unha-árbore jahuacté" untsʼit wop (un-pau jahuacté) "un pau da árbore jahuacté"
un- tek wop un- tsʼit wop
unha- "planta" árbore jahuacté un- "obxecto.longo.esvelto" árbore jahuacté

PosesiónEditar

A morfoloxía dos substantivos maias é bastante sinxela: están influídos polo número (plural ou singular) e, cando están posuídos, pola persoa e o número do posuidor. A posesión pronominal é expresada por unha serie de prefixos posesivos engadidos ó substantivo, como no kaqchikel ru-kej "o seu cabalo" (del ou dela). Os substantivos tamén poderán adoptar unha forma especial que os marca como posuídos. Para os posuidores nominais, o substantivo posuído é flexionado como posuído por un terceiro e seguido polo substantivo posesor, por exemplo, no kaqchikel ru-kej ri achin "o cabalo do home" (literalmente "o seu cabalo o home").[69] Este tipo de formación é un trazo diagnóstico principal da área lingüística mesoamericana e é frecuente en toda Mesoamérica.[70]

As linguas maias a miúdo diferencian entre a posesión alienable e a inalienable variando o xeito no que o substantivo é (ou non) marcado como posuído. O jacalteco, por exemplo, contrasta deste xeito a inalienable wetʃel "a miña foto (na que aparezo eu)" da alienable wetʃele "a miña foto (tirada por min)". O prefixo we- sinala a primeira persoa do posesivo singular en ámbolos dous, mais a ausencia do sufixo posesivo -e no primeiro marca a posesión inalienable.[69]

Substantivos relacionaisEditar

As linguas maias que teñen preposicións normalmente só teñen unha. Para expresar a situación e outras relacións entre entidades, úsase unha clase especial de "substantivos relacionais". Este patrón é común ó longo de Mesoamérica e é outro trazo diagnóstico da área lingüística mesoamericana. En maia, a maioría dos substantivos relacionais derivan metaforicamente das partes do corpo, de xeito que "enriba", por exemplo, é expresada coa palabra para cabeza.[71]

Suxeitos e obxectosEditar

As linguas maias son ergativas no seu aliñamento. Isto significa que o suxeito dun verbo intransitivo é tratado de xeito semellante ó obxecto dun verbo transitivo, mais diferente do suxeito dun verbo transitivo.[72]

As linguas maias ten dous conxuntos de afixos que están unidos a un verbo para indicar a persoa dos seus argumentos. Un conxunto (a miúdo nomeado nas gramáticas maias como o conxunto B) indica a persoa do suxeito dos verbos intransitivos e o obxecto dos verbos transitivos. Tamén se poden usar con predicados de adxectivos ou substantivos para indicar o suxeito.[73]

Conxunto B
Uso Exemplo Lingua do exemplo Tradución
Suxeito dun verbo intransitivo x-ix-ok Kaqchikel "Vós entrastes"
Obxecto dun verbo transitivo x-ix-ru-chöp Kaqchikel "El/ela levouvos"
Suxeito dun predicado adxectivo ix-samajel Kaqchikel "Vós sodes traballadores."
Suxeito dun predicado substantivo ʼantz-ot
Tzotzil "Ti es unha muller."

Outro conxunto (conxunto A) é empregado para indicar a persoa dos suxeitos dos verbos transitivos (e nalgunhas linguas, como o iucateco, tamén dos suxeitos dos verbos intransitivos, mais só nos aspectos incompletivos),e tamén os posuidores de substantivos (incluíndo substantivos relacionais).[o]

Conxunto A
Uso Exemplo Lingua do exemplo Tradución
Suxeito dun
verbo transitivo
x-ix-ru-chöp Kaqchikel "El/Ela levouvos rapaces"
Marcador posesivo ru-kej ri achin Kaqchikel "o cabalo do home" (literalmente: "o seu cabalo o home")
Marcador relacional u-wach ulew Kʼicheʼ clásico "na terra" (literalmente: "a súa cara a terra" ou "cara da terra")

VerbosEditar

Ademais de suxeito e obxecto (axente e paciente), os verbos maias teñen afixos que sinalan o aspecto, o tiempo e o modo como no seguinte exemplo::

Estrutura verbal maia
Aspecto/modo/tempo Prefixo de clase A Prefixo de clase B Raíz Aspecto/modo/voz Plural
k- in- a- chʼay -o
Incompletivo 1ª persoa singular paciente 2ª persoa singular axente golpear Incompletivo
(Kʼicheʼ) kinachʼayo "Ti estasme golpeando"

O tempo gramatical das linguas maias é polo xeral sinxelo. O jacalteca, por exemplo, contrasta só pasado de non pasado, mentres que o mam ten só futuro e non futuro. Os sistemas de aspecto gramatical son moito máis prominentee. O modo gramatical non forma polo xeral un sistema separado en maia, senón que está entrelazado cos sistemas de tempo/aspecto.[74] Kaufman reconstruíu un sistema tempo/aspecto/modo para o protomaia que inclúe sete aspectos: incompletivo, progresivo, completivo/puntual, imperativo, potencial/futuro, optativo e perfectivo.[75]

As linguas maias tenden a ter un rico conxunto de voces gramaticais. O protomaia tiña cando menos unha construción pasiva así como unha regra antipasiva para minimizar a importancia do axente en relación co paciente. O kʼicheʼ moderno ten dúas construción antipasivas: unha que atribúe enfoque ó obxecto e outra que salienta a acción verbal.[76] Outras construcións relacionadas coa voz que ocorren nas linguas maias son as seguintes: mediopasiva, incorporacional (incorporando un obxecto directo ó verbo), instrumental (promovendo o instrumento á posición do obxecto) e referencial (un tipo de voz aplicativa que promove un argumento indirecto como un benefactivo ou recipiente á posición do obxecto).[77]

Estativos e posicionaisEditar

Nas linguas maias, os estativos son unha clase de palabras do predicado que expresan unha cualidade ou estado, cuxas propiedades sintácticas se atopan entre as dos verbos e as dos adxectivos das linguas indoeuropeas. Como os verbos, os estativos ás veces poden ser modificados por persoa mais normalmente carecen de inflexións de tempo, aspecto e outras categorías puramente verbais. Os estativos poden ser adxectivos, posicionais ou numerais.[78]

Os posicionais, unha clase de radicais característicos, se non únicos, das linguas maias, forman adxectivos e verbos estativos (polo xeral coa axuda de sufixos) con significados relacionados coa posición ou a forma dun obxecto ou persoa. As linguas maias teñen entre 250 e 500 radicais posicionais distintos:[78]

Telan ay jun naq winaq yul bʼe.
Hai un home caído deitado na estrada.


Woqan hin kʼal ay max ekkʼu.

Pasei o día enteiro sentado.


Yet ewi xoyan ay jun lobʼaj stina.

Onte había unha cobra deitada enroscada na entrada da casa.

Nestras tres oracións en lingua qʼanjobʼal, os posicionais son telan ("algo grande ou cilíndrico deitado coma se caera"), woqan ("persoa sentada nun obxecto semellante a unha cadeira") e xoyan ("enrolado como unha corda ou unha cobra").[79]

Formación de palabrasEditar

É común a composición de novas raíces para formar novos substantivos; tamén hai moitos procesos morfolóxicos para derivar substantivos de verbos. Os verbos tamén admiten afixos derivativos altamente produtivos e de varios tipos, a maioría dos cales especifican transitividade ou voz.[80]

Ó igual que noutras linguas mesoamericanas, hai un uso metafórico xeneralizado de raíces que denotan partes do corpo, especialmente para formar locativos e substantivos relacionais, como no kaqchikel -pan ("dentro" e "estómago") ou -wi ("cabelo" e "enriba").[81]

Préstamos maiasEditar

Un bo número de préstamos do maia, ou de orixe potencialmente maia, están presentes noutras linguas, principalmente o castelán, o inglés e algunhas linguas mesoamericanas veciñas. Ademais, as linguas maias tomaron prestadas palabras doutras linguas, especialmente do castelán.[82]

Un préstamo maia é cigarro. Sic é palabra maia para "tabaco" e sicar quere dicir "fumar follas de tabaco". Esta é a orixe máis probable do cigarro.[83]

A palabra galega "furacán" é considerada como unha derivación do nome maia para o deus da tormenta Jun Raqan. Porén, é probable que a palabra pasase ás linguas europeas a partir das linguas caribes ou do taíno.[84]

Sistemas de escritaEditar

 
Páxina 9 do Códice de Dresden amosando a lingua maia clásica escrita en xeróglifos maias (dende a edición de 1880 Förstermann).

A complexa escrita das linguas maias na época precolombiana, coñecida hoxe en día a partir dos gravados en numerosos sitios arqueolóxicos maias, foi descrifrada case completamente. A escrita é unha mestura entre un sistema logográfico e silábico.[85]

No período colonial, as linguas maias comezaron a ser escritas nun sistema derivado do alfabeto latino; as ortografías foron desenvolviadas principalmente por gramáticos misioneiros.[86] Non tódalas linguas maias modernas teñen ortografías estandarizadas, mais as linguas maias de Guatemala empregan un sistema estandarizado baseado no alfabeto latino con ortografía fonolóxica que foi desenvolvido pola Academia de Linguas Maias de Guatemala (ALMG).[18][19] As ortografías das linguas maias de México están a ser desenvolvidas polo Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI).[24][87]

Escrita con glifosEditar

Artigo principal: Escrita maia.
   
Dúas maneiras de escribir a palabra bʼalam "xaguar" en escrita maia. O primeiro como un logograma representando a palabra completa co glifo BʼALAM, a segunda, foneticamente usando tres signos de sílabas bʼa, la e ma.
Tres maneiras de escribir bʼalam usando combinacións de logogramas con signos silábicos como complementos fonéticos.

A civilización maia precolombiana desenvolveu e usou un sistema de escrita complexo e completamente funcional, que é o único dos sistemas de escrita de Mesoamérica que foi case completamente descifrado. Civilizacións máis antigas que se asentaban ó oeste e ó norte da área maia, e que tamén tiñan sistemas de escrita cuxas inscricións sobreviviron, inclúen os zapotecas, os olmecas e os zoques (pobos do sur de Veracruz e o oeste de Chiapas), mais os seus sistemas de escrita están aínda sen descifrar. Polo xeral, está aceptado que o sistema de escrita maia adaptouse a partir dun ou máis destes sistemas anteriores. Un bo número de referencias identifican a escrita olmeca como o seu precursor máis probable.[88][89]

No proceso de descifrado da escrita xeroglífica maia, os estudosos chegaron a comprender que se trataba dun sistema de escrita completamente funcional no que era posible expresar sen ambigüidade calquera oración da lingua falada. O sistema está clasificado como logosilábico, no que os símbolos (glifos ou grafemas) poden ser usados como logogramas ou sílabas.[85] A escrita ten un silabario completo (aínda que non tódalas posibles sílabas foron identificadas), e un escriba maia podería ter escrito calquera cousa foneticamente, sílaba por sílaba, empregando eses símbolos.[85]

Cando menos dúas linguas maias principais foron identificadas con seguridade nos textos xeroglíficos, con polo menos outra lingua probablemente identificada. Unha variedade lingüística arcaica, coñecida como maia clásico é a predominante nestes textos, particularmente nas incricións da era clásica das terras baixas centrais e meridionais. Esta lingua está estreitamente relacionada coa póla chʼol da familia lingüística, sendo os seus descendentes o chʼol, o chʼortiʼ e o chontal. As inscricións nunha forma antiga de maia iucateco (o devanceiro do iucateco moderno) tamén foron recoñecidas ou propostas, principalmente na rexión da península do Iucatán e dun período posterior. Tres dos catro códices maias existentes están baseados no iucateco. Tamén se especula se algunhas inscricións atopadas nas terras altas de Chiapas poderían estar nunha lingua da póla tzeltal cuxos descendentes modernos son o tzeltal e o tzotzil.[31] Tamén se cre que foron usadas outras variedades e dialectos rexionais, mais aínda non foron identificados con certeza.[13]

O uso e o coñecemento da escrita maia continuou cando menos até a conquista española no século XVI. O bispo Diego de Landa Calderón, da arquidiocese católica do Iucatán, prohibiu o uso da lingua escrita, rematando de maneira efectiva coa tradición mesoamericana da literatura en escrita nativa. Traballou cos colonizadores españois na destrución da maior parte dos textos maias como parte dos seus esforzos de converter ós locais ó cristianismo e arredalos do que el percibía como idolatría pagá. Posteriormente, describiu o uso da escrita xeroglífica nas prácticas relixiosas dos maias iucatecos na súa obra Relación de las cosas de Yucatán.[90]

Ortografía colonialEditar

A ortografía colonial caracterízase polo uso do c no canto /k/ (sempre forte, como en cic /kiik/), k por /q/ en Guatemala ou por /kʼ/ no Iucatán, h por /x/, e tz por /ts/; a ausencia da parada glotal ou da duración vocálica (así como o uso dunha dobre vogal para unha vogal longa glotalizada, como en uuc /uʼuk/), o uso de u por /w/, como en uac /wak/, e o uso variable de z, ç, s for /s/. Porén, as diferenzas máis grandes coa ortografía moderna son os diferentes intentos de transcribir as consoantes exectivas.[91]

Arredor do ano 1550, Francisco de la Parra inventou letras distintivas para as exectivas das linguas maias de Guatemala, o tresillo e o cuatrillo (e derivados). Estas foron usadas en tódolos escritos posteriores de Francisco, e poden ser vistos ocasionalmente no presente [2005]. En 1605, Alonso Urbano dobrou as consoantes para representar as exectivas en otomí (pp, tt, ttz, cc / cqu), e sistemas semellantes foron adoptados polo maia. Segundo outro enfoque, en iucateco engadíase unha barra á letra ou dobrábase o talo da letra.[91]

Fonema Iucateco Parra
pp, ꝑ, ꝑꝑ, 𝕡*
th, tħ, ŧ tt, th
tsʼ ɔ, dz
tʃʼ ꜯh
k

*Soamente o talo de 𝕡 era dobrado, mais isto non está admitido por Unicode.

A ligadura ꜩ para tz era usada xunto con ꜭ e ꜫ. A convención iucateca de dz para /tsʼ/ mantense en nomes de familia maias como "Dzib".

Ortografía modernaEditar

 
Menú de cea escrito en kaqchikel, Antigua, Guatemala.

Dende o período colonial, practicamente toda a lingua escrita maia empregou o alfabeto latino. Antigamente a escrita estaba amplamente baseada no alfabeto castelán e variaba entre os diferentes autores, e só recentemente comezou a estabelecerse o uso de alfabetos estandarizados. O primeiro alfabeto amplamente aceptado foi creado para o maia iucateco polos autores e contribuidores do Diccionario Maya Cordemex, un proxecto dirixido por Alfredo Barrera Vásquez e publicado por primeira vez en 1980.[p] Posteriormente, a Academia de Linguas Maias de Guatemala (ALMG), fundada en 1986, adaptou eses estándares a 22 linguas maias (principalmente en Guatemala). A escrita é amplamente fonética, mais abandonou a distinción entre o apóstrofo para consoantes exectivas e a parada glotal, polo que a exectiva /tʼ/ e a secuencia non exectiva /tʔ/ (anteriormente e t7) son escritas tʼ.[92] Outras grandes linguas maias, especialmente as faladas no estado mexicano de Chiapas, como o tzotzil, o tzeltal, o chʼol e o tojolabʼal, non están incluídas nesta reforma, e son ás veces escritas segundo as convencións e estándares do Centro Estatal de Linguas, Arte e Literatura Indíxena de Chiapas (CELALI), que por exemplo escribe "ts" no canto de "tz" (como no caso das palabras tseltal ou tsotsil).

LiteraturaEditar

Artigo principal: Literatura mesoamericana.

Dende a lingua clásica até o presente, todo un corpus literario foi escrito en linguas maias. Os texto máis antigos que se conservan son as inscricións en monumentos que documentan eventos do goberno, sucesión, ascensión, conquista e eventos astronómicos. Crese que outros tipos de literatura foron escritos en formatos perecedoiros como os códices feitos de amate, sobrevivindo só catro deles ós estragos do tempo e á campaña de destrución dos misioneiros españois.[93]

Pouco despois da conquista española, as linguas maias comezaron a ser escritas en letras latinas. A literatura da era colonial en linguas maias inclúe o famoso Popol Vuh, unha narrativa mítica e histórica escrita no século XVII en kʼicheʼ clásico, mais crese que está baseado nunha obra anterior datada do ano 1550, perdida no presente. O Título de Totonicapán e a obra teatral do século XVII Rabinal Achí son outras obras destacadas en kʼicheʼ, estando escrita esta última en lingua achi.[q] Os Anais dos kaqchike de finais do século XVI, que achegan unha narrativa histórica dos kaqchikel, contén elementos que paralelos ós que aparecen no Popol Vuh. Os relatos históricos e proféticos que se narran nas diferentes variacións coñecidas colectivamente como os libros de Chilam Balam son a fonte das antigas tradicións maias iucatecas.[r] O único libro sobrevivente da poesía lírica antiga, os Cantares de Dzitbalche de Ah Bam, provén do mesmo período.[94]

Ademais destas obras singulares, moitas gramáticas antigas das linguas indíxenas, chamadas "artes", foron escritas por sacerdotes e frades. As linguas recollidas nestas primeiras gramáticas inclúen o kaqchikel, o kʼicheʼ clásico, o tzeltal, o tzotzil e o iucateco. Algunhas destas gramáticas viñan con traducións na lingua indíxena do catecismo católico.[86]

Malia que os pobos maias continuaron a producir unha rica literatura oral no período poscolonial (despois de 1821), moi pouca literatura escrita foi producida neste período.[95][s]

Por mor de que as linguas indíxenas foron excluídas dos sistemas educativos de México e Guatemala dende a súa independencia, os pobos maias permaneceron amplamente iletrados nas súas linguas nativas, aprendendo a ler e escribir en castelán como moito.[96] Porén, dende o estabelecemento do Cordemex [97] e da Academia de Linguas Maias de Guatemala (1986), a alfabetización nas linguas nativas comezou a estenderse e varios escritores indíxenas comezaron unha nova tradición de escrita en linguas maias.[87][96] Salientan dentro desta nova xeración o poeta kʼicheʼ Humberto Akʼabʼal, cuxas obras son a miúdo publicadas en edicións bilingües castelán/kʼicheʼ,[98] así como o estudoso kʼicheʼ Luis Enrique Sam Colop (1955–2011), cuxas traducións do Popol Vuh ó castelán e ó kʼicheʼ moderno lle valeron moitos recoñecementos.[99]

NotasEditar

  1. O achiʼ é contado como unha variante do kʼicheʼ polo goberno de Guatemala. Contando co achiʼ, existen 30 linguas maias vivas.
  2. Baseado en Kaufman (1976).
  3. Véxase atribución en Fernández de Miranda (1968, p. 75)
  4. Esta teoría foi proposta por vez primeira por (Campbell & Kaufman 1976)
  5. O derradeiro reino maia independente (Tayasal) non foi conquistado até o ano 1697, uns 170 anos despois de que os primeiros conquistadores chegasen. Durante os períodos colonial e poscolonial, os pobos maias rebeláronse periodicamente contra os colonizadores, como na guerra de castes do Iucatán, un comportamento que se estendeu até o século XX.
  6. Grenoble & Whaley (1998) calificaron a situación deste xeito: "As linguas maias teñen varios centos de milleiros de falantes, e unha maioría dos maias fala unha lingua maia como primeira lingua. A preocupación principal das comunidades maias non é revitalizar a súa lingua, senón reforzala contra a difusión cada vez máis rápida do castelán ... [no canto de estar] ó final dun proceso de substitución de idioma, [as linguas maias están] ... no principio."Grenoble & Whaley (1998, pp. xi-xii)
  7. Choi (2002) escribe: "No recente activismo cultural maia, a conservación das linguas maias foi promocionada como un xeito de apoiar unha 'identidade maia unificada'. Porén, existe unha complexa variedade de percepcións sobre as linguas e a identidade maias entre os propios maias que investiguei en Momostenango, unha comunidade das terras altas de Guatemala. Por unha banda, os maias denigran o kʼicheʼ e teñen dúbidas sobre o seu potencial para continuar como un idioma viable porque o dominio do castelán é unha necesidade económica e política. Por outra banda, recoñecen o valor da lingua maia cando queren reclamar a 'identidade maia auténtica'. É esta mestura de ideoloxías conflitivas e ambivalentes a que conforma a escolla da lingua...."
  8. Véxase Suárez (1983) capítulo 2 para un debate máis profundo sobre o uso e o significado das palabras "dialecto" e "lingua" en Mesoamérica.
  9. O maia chontal non debe ser confundido co tequistlateco que tamén é coñecido como "chontal de Oaxaca".
  10. O Ethnologue considera os dialectos falados en Cubulco e Rabinal como linguas distintas, dúas das oito da familia quiché-achi. Raymond G., Gordon Jr. (ed.). Ethnologue, (2005). Consultado o 26 de maio de 2007.
  11. O protomaia permitía raíces coa forma CVC, CVVC, CVhC, CVʔC, e CVSC (onde S é /s/, /ʃ/, ou /x/)); véxase England (1994, pp. 77)
  12. Campbell (2015) escribe erradamente tzeltal por tzotzil, Avelino & Shin (2011) afirma que os informes dun contraste de ton completamente desenvolvido no tzotzil de San Bartolo son inexactos
  13. Suárez (1983, p. 65) escribe: "Nin o purépecha nin o maia teñen palabras tan complexas como as que atopamos no náhuatl, no totonaco ou nas linguas mixe–zoque, mais, de maneiras diferentes ámbalas dñuas teñen unha rica morfoloxía".
  14. Lyle Campbell (1997) refírese a estudos de Norman e Campbell ((1978) "Toward a proto-Mayan syntax: a comparative perspective on grammar", en Papers in Mayan Linguistics, ed. Nora C. England, pp. 136–56. Columbia: Museum of Anthropology, Universidade de Missouri) e a England (1991).
  15. Outro punto de vista foi suxerido por Carlos Lenkersdorf, un antropólogo que estudou a lingua tojolabʼal. Argumentou que un falante nativo de tojolabʼal non fai distincións cognitivas entre suxeito e obxecto, nin sequera entre activo e pasivo, animado e inanimado, vendo tanto o suxeito como ao obxecto como participantes activos nunha acción. Por exemplo, en tojolabʼal máis que dicir "Eu ensínoche", dirían o equivalente a "Eu-ensino ti-aprendes". Véxase Lenkersdorf (1996, pp. 60–62)
  16. O Cordemex contén unha longa introdución sobre a historia, importancia e recursos clave do maia iucateco escrito, incluído un resumo da ortografía utilizada polo proxecto. (pp. 39a-42a).
  17. Véxase Edmonson (1985) para un tratamento minucioso da literatura colonial quiché.
  18. Véxase Edmonson & Bricker (1985) para un tratamento minucioso da literatura colonial iucateca.
  19. Véxase Gossen (1985) para exemplos da tradición de literatura oral do tzotzil.

ReferenciasEditar

  1. Definición de maia no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Spence, et al. (1998).
  3. 3,0 3,1 3,2 Campbell (1997), p.165.
  4. Kettunen & Helmke 2020, p. 6.
  5. England 1994.
  6. Campbell 1997, p. 165.
  7. Sapper 1912.
  8. Kaufman & with Justeson 2003.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Campbell & Kaufman 1985.
  10. Kaufman 1976.
  11. 11,0 11,1 Robertson & Houston 2002.
  12. Hruby & Child 2004.
  13. 13,0 13,1 13,2 Kettunen & Helmke (2020, p. 13)
  14. 14,0 14,1 Houston, Robertson & Stuart 2000.
  15. Mora-Marín 2009.
  16. Choi 2002.
  17. Fabri 2003, p. 61. n1.
  18. 18,0 18,1 French (2003)
  19. 19,0 19,1 England (2007, pp. 14, 93)
  20. Campbell, Kaufman & Smith-Stark 1986.
  21. Campbell 1997, pp. passim.
  22. Mora-Marín 2016.
  23. Campbell 2015, p. 54.
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 24,4 Campbell 2015.
  25. 25,0 25,1 Bennett, Coon & Henderson 2015.
  26. Law 2013.
  27. Robertson 1977.
  28. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), (2005). Ethnologue report on Chʼol de Tila, Ethnologue report on Chʼol de Tumbalá, ámbolos dous consultado o 7 de marzo de 2007.
  29. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), (2005). Ethnologue report on Chontal de Tabasco, consultado o 7 de maio de 2007.
  30. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), (2005). Chʼortiʼ: A language of Guatemala. Ethnologue.com, consultado o 7 de maio de 2007.
  31. 31,0 31,1 Kettunen & Helmke 2020, p. 13.
  32. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), (2005) Family Tree for Tzeltalan consultado o 26 de maio de 2007.
  33. Lewis, M. Paul, Gary F. Simons e Charles D. Fennig (eds.). "Tzeltal" Ethnologue: Languages of the World, Eighteenth edition, (2015). Dallas, Texas: SIL International.
  34. 34,0 34,1 34,2 Gordon, Raymond G., Jr. (ed.). Ethnologue, (2005).
  35. Solá 2011.
  36. Popkin 2005.
  37. Rao 2015.
  38. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), (2005). Gordon (2005) recoñece os dialectos orientais e occidentais do jacalteco, así como o mocho’ (tamén chamado mototzintleco), unha lingua con menos de 200 falantes nas vilas de Chiapas de Tuzantán e Mototzintla.
  39. O jacalteco é falado nos concellos de Jacaltenango, La Democracia, Concepción, San Antonio Huista e Santa Ana Huista, e en partes do concello de Nentón.
  40. Lewis, M. Paul, Gary F. Simons e Charles D. Fennig (eds.). "Akateko" Ethnologue: Languages of the World, Eighteenth edition, (2015). Dallas, Texas: SIL International.
  41. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), (2005) Tojolabal: A language of Mexico. e Chuj: A language of Guatemala. Arquivado 2007-10-01 en Wayback Machine. ámbolos consultados o 27 de maio de 2007.
  42. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), (2005). Ethnologue report on Qʼeqchiʼ, consultado o 7 de maio de 2007.
  43. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), (2005) Ethnologue report for Uspantec, consultado o 26 de maio de 2007.
  44. Edmonson 1968, pp. 250–251.
  45. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), (2005). Family Tree for Kaqchikel, consultado o 26 de maio de 2007.
  46. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), (2005). Ethnologue report on Eastern Tzʼutujil, Ethnologue report on Western Tzʼutujil Arquivado 2007-04-10 en Wayback Machine., consultado o 26 de maio de 2007.
  47. Lewis, M. Paul, Gary F. Simons e Charles D. Fennig (eds.). "Sakapulteko" Ethnologue: Languages of the World, Eighteenth edition, (2015). Dallas, Texas: SIL International.
  48. Lewis, M. Paul, Gary F. Simons e Charles D. Fennig (eds.). "Sipakapense" Ethnologue: Languages of the World, Eighteenth edition, (2015). Dallas, Texas: SIL International.
  49. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), (2005) Ethnologue report on Nebaj Ixil Arquivado 2008-05-04 en Wayback Machine., Chajul Ixil Arquivado 2006-12-08 en Wayback Machine. & San Juan Cotzal Ixil, consultado o 7 de marzo de 2008.
  50. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), (2005) Ethnologue report for Tektitek, consultado o 7 de marzo de 2007.
  51. Campbell 1997, p. 163.
  52. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.), (2005). Ethnologue report on Eastern Poqomam, Ethnologue report on Western Poqomchiʼ, consultado o 7 de marzo de 2007.
  53. Lewis, M. Paul, Gary F. Simons e Charles D. Fennig (eds.). "Poqomam" Ethnologue: Languages of the World, Eighteenth edition, (2015). Dallas, Texas: SIL International.
  54. Población hablante de lengua indígena de 5 y más años por principales lenguas, 1970 a 2005 Arquivado 2007-08-25 en Wayback Machine. INEGI
  55. Lewis, M. Paul, Gary F. Simons e Charles D. Fennig (eds.). "Maya, Yucatec" Ethnologue: Languages of the World, Eighteenth edition, (2015). Dallas, Texas: SIL International.
  56. Só había 12 falantes nativos vivos en 1986 de acordo con Gordon, Raymond G., Jr. (ed.). Ethnologue, (2005).
  57. Lewis, M. Paul, Gary F. Simons e Charles D. Fennig (eds.). "Lacandon" Ethnologue: Languages of the World, Eighteenth edition, (2015). Dallas, Texas: SIL International.
  58. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.). Ethnologue (2005).
  59. Campbell & Canger 1978.
  60. 60,0 60,1 England (1994, pp. 30–31)
  61. England 1994, p. 35.
  62. 62,0 62,1 Adaptado da lista de England (1994).
  63. England 2001.
  64. Suárez 1983, p. 65.
  65. England 1991.
  66. Véxase por exemplo Tozzer (1977 [1921]), pp. 103, 290–292.
  67. Craig 1977, p. 141.
  68. Véxanse exemplos en Suárez (1983, p. 88)
  69. 69,0 69,1 Suárez (1983, p. 85)
  70. Campbell, Kaufman & Smith-Stark 1986, pp. 544–545.
  71. Campbell, Kaufman & Smith-Stark 1986, pp. 545–546.
  72. Coon 2010, pp. 47–52.
  73. Suárez 1983, p. 77.
  74. Suaréz (1983), p. 71.
  75. England 1994, p. 126.
  76. Campbell (1997, p. 164)
  77. England 1994, p. 97–103.
  78. 78,0 78,1 Coon & Preminger 2009.
  79. England 1994, p. 87.
  80. Suárez 1983, p. 65–67.
  81. Campbell, Kaufman & Smith-Stark 1986, p. 549.
  82. Hofling, Charles Andrew (2011). Mopan Maya-Spanish-English Dictionary. Salt Lake City, Utah: University of Utah Press. p. 6. ISBN 978-1607810292. 
  83. Cigar, Online Etymology Dictionary.
  84. Read & González (2000), p.200
  85. 85,0 85,1 85,2 Kettunen & Helmke (2020, p. 8)
  86. 86,0 86,1 Suárez 1983, p. 5.
  87. 87,0 87,1 Maxwell 2011.
  88. Schele & Freidel 1990.
  89. Soustelle 1984.
  90. Kettunen & Helmke 2020, pp. 9–11.
  91. 91,0 91,1 Arzápalo Marín (2005)
  92. Josephe DeChicchis, "Revisiting an imperfection in Mayan orthography" Arquivado 03 de novembro de 2014 en Wayback Machine. , Journal of Policy Studies 37 (March 2011)
  93. Coe 1987, p. 161.
  94. Curl 2005.
  95. Suárez 1983, pp. 163–168.
  96. 96,0 96,1 Maxwell 2015.
  97. Barrera Vásquez, Bastarrachea Manzano & Brito Sansores 1980.
  98. Guatemala Ministerio de Cultura y Deportes, ed. (26 de marzo de 2007). "Humberto Ak´abal" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2006. Consultado o 23 de febreiro de 2007. 
  99. Ais.arizona.edu (ed.). "Luis Enrique Sam Colop, 1955–2011 | American Indian Studies". Consultado o 19 de decembro de 2011. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar