O huasteco é unha lingua maia falada polo pobo huasteco, que habita no norte da costa do golfo de México, nos estados de San Luis Potosí, Veracruz e Tamaulipas. É a única lingua viva da póla huastecana desa familia lingüística trala extinción do chicomucelteco, confirmada na década de 1980. Tamén é a única que se atopa fóra do gran ámbito territorial das linguas maias, é dicir, o sueste de México, Guatemala e O Salvador. As hipóteses para explicar esta separación apuntan a dúas posibilidades: que antes da separación lingüística, había un corredor de linguas maias que abranguía toda a costa do golfo, ou ben; que hai uns tres mil anos, os falantes do devanceiro do huasteco emigraron dende a área nuclear maia cara ó norte.

Huasteco
Wastek
Outros nomes:Teenek
Falado en: México
Rexións: San Luis Potosí, Veracruz e Tamaulipas
Total de falantes: 160 000 (2010)
Familia: Maia
 Huasteca
  Huasteco
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: México (lingua nacional)[1]
Regulado por: Secretaría de Educación Pública
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: hus
Mapa
Status

O nome da lingua na propia fala é Téenek, aínda que é coñecida polo xeral como "huasteco". Este é en realidade o nome náhuatl que pasou despois ó castelán.

  1. "sep.gob.mx". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2007. Consultado o 13 de xuño de 2017. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar