Linguas lenca

As linguas lenca[1] son unha pequena familia de linguas indíxenas mesoamericanas extintas, faladas outrora no Salvador e Honduras (países onde o pobo indíxena lenca conta cunha poboación de 37 000 e 100 000 persoas respectivamente).

Linguas lenca
Falado en: Honduras e O Salvador
Rexións: Centroamérica
Extinción: (~1990)
Familia: Americana
 Macrochibcha ?
  Linguas lenca
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: len
Lenca lang.png

ClasificaciónEditar

Historicamente, a maioría de lingüistas, seguindo a Lehman (1920) consideraban que existía algún parentesco coas linguas xincas, aínda que a evidencia a prol desta teoría é máis ben escasa. Recentemente A. Constenla (2002, 2005) baseándose no método comparativo logrou probar o parentesco das linguas lenca coas linguas misumalpas e á súa vez coas linguas chibchas.

Linguas da familiaEditar

A familia lenca está formada por estas dúas linguas:

  • Lenca salvadoreño (dialecto principal: potón)
  • Lenca hondureño (dialectos: cerquín, care, lenca, kolo)

Entre ámbalas dúas linguas, Swadesh estimou por métodos glotocronolóxicos uns 20 séculos de separación, polo que as súas diferenzas son comparables ás das linguas románicas.

NotasEditar

  1. "Entrada lenca en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 21 de novembro de 2017. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Campbell, Lyle. 1997. American Indian Languages: The Historical Linguistics of Native America. Oxford: Oxford University Press.
  • Constenla Umaña, A. (1981). Comparative Chibchan Phonology. (Ph.D. dissertation, Department of Linguistics, University of Pennsylvania, Philadelphia).
  • Constenla Umaña, Adolfo. (1991). Las lenguas del Área Intermedia: Introducción a su estudio areal. Editorial de la Universidad de Costa Rica, San José.
  • Constenla Umaña, Adolfo. (1995). Sobre el estudio diacrónico de las lenguas chibchenses y su contribución al conocimiento del pasado de sus hablantes. Boletín del Museo del Oro 38-39: 13-56.
  • Fabre, Alain. 2005. Diccionario etnolingüístico y guía bibliográfica de los pueblos indígenas sudamericanos: LENCA. [1]
  • Hemp, Eric. 1976. "On Earlier Lenca Vowels". International Journal of American Linguistics 42(1): 78-79.
  • Lehman, Walter. 1920. Zentral-Amerika. see pp. 700–719 (Salvadoran Lenca) and pp. 668–692 (Honduran Lenca).