As consoantes glotais son todas aquelas articuladas na glote polas cordas vocais. Se estas se pechan totalmente producen unha oclusiva, sempre xorda [ʔ]. Se o peche das cordas vocais é incompleto pero suficiente para causar unha fricción audible, prodúcese unha fricativa xorda [h], e se ademais vibran, o resultado é unha consoante fricativa sonora [ɦ].

As consoantes glotais no Alfabeto Fonético Internacional:

IPA Descrición Exemplo
Lingua Ortografía IPA Tradución
Oclusiva glotal Nukak bai' [baiʔ] cuñado
Fricativa glotal sonora Checo Praha [pra.ɦa] Praga
Fricativa glotal xorda Inglés hat [hæt] sombreiro

Varios fonetistas consideran que polo menos as glotais "fricativas" non son verdadeiras consoantes, senón que representan un estado transicional da glote (fonación) sen un lugar específico de articulación; entón [ɦ] sería unha transición pulmónica sonora que podería ser transcrita como [h̤].

O peche glotal [ʔ] pode considerarse como unha consoante típica, que ocorre en moitas linguas e é moi común entre as linguas amerindias. Xeralmente escríbese <'>, como na nasa yuwe, ou <‘>, como na lingua hawaiana, ou con diacríticos, como o hamza <ء> do alfabeto árabe. Nalgúns alfabetos en linguas indíxenas de América latina úsase a <h> para representar a oclusiva glotal.

O ayn de varias linguas semíticas, no alfabeto hebreo <ע>, en árabe <ﻉ>, pode representar unha consoante oclusiva glotal farinxalizada [ʔˁ] ou unha fricativa farínxea xorda [ħ].

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar