O kaqchikel ou kaqchiquel é unha lingua indíxena mesoamericana e un membro da póla quicheana-mameana da familia de linguas maias. É falada polo pobo kaqchikel no centro de Guatemala. Está estreitamente relacionada coa lingua kʼicheʼ (Quiché) e a lingua tz’utujil.

Kaqchikel
Outros nomes:Kaqchikel Ch'ab'äl
Falado en: Guatemala
Rexións: Terras altas centrais
Total de falantes: 450 000 (1990–1998)
Familia: Maia
 Quicheanano–Mameano
  Gran quicheano
   Quicheano
    Kaqchikel
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Guatemala (lingua nacional)[1]
Regulado por: Academia de Linguas Maias de Guatemala
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: myn
ISO 639-3: cak
Mapa
Status

O kaqchikel está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O kaqchikel é ensinado nos colexios públicos a través dos programas educativos multilingües e interculturais do país.

  1. Proyecto de Reformas a la Constitución Política
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar