Transitividade
Verbo transitivo.
editarA transitividade é unha característica propia dalgúns verbos que lles confire a propiedade de poderen seleccionar un complemento directo, permitindo precisar o alcance do verbo.
Exemplos:
- Matar. Sempre cómpre especificar que ou a quen se mata para completar a frase.
- Ter. Sempre se ten algo ou a alguén, o verbo en si mesmo non precisa a acción.
Os verbos transitivos poden aparecer sen complemento directo, cando este está claramente determinado polo contexto ou nos casos de uso absoluto, é dicir, cando a acción expresada polo verbo é importante en si mesma.
Algúns verbos transitivos admiten voz pasiva.
Verbo intransitivo.
editarAqueles verbos que non poden seleccionar argumento ningún son chamados intransitivos.
Verbo ditransitivo.
editarUn verbo ditransitivo sería aquel que selecciona dous argumentos. Un exemplo sería o daqueles verbos que levan Complemento Directo e Complemento Indirecto, ou dos que levan un Complemento Directo e máis un Predicativo do Complemento Directo.