Abrir o menú principal

Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts

(Redirixido desde "Massachusetts Institute of Technology")

O Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (en inglés: Massachusets Institute of Technology) ou simplemente MIT- considérase como a institución máis prestixiosa do mundo no referente á educación científica e tecnolóxica. O MIT está situado na cidade de Cambridge no estado de Massachusetts, preto de Boston, nos Estados Unidos.

MIT
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Massachusets Institute of Technology
MIT Main Apr09.JPG
Lema:"mens et manus"
Datos xerais
LocalizaciónFlag of the United States.svg Massachussets
Fundación10 de abril de 1861 (158 anos)
Datos actuais
Alumnos10.320
pregrado = 4.136
postgrado = 6.184
Datos de contacto
EnderezoCambridge Avenue, 77
Páxina webweb.mit.edu

HistoriaEditar

O Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts foi fundado no 1861 polo xeólogo William Barton Rogers que desexaba crear un novo tipo de institución educativa independente adicada á crecente industrialización dos Estados Unidos.

A apertura do instituto foi atrasada pola Guerra Civil nos Estados Unidos, e acolleu aos seus primeiros estudantes no 1865. Nos seguintes anos, estableceu unha reputación de primeira nas ciencias e enxeñería, pero caeu en dificultades económicas. Estes dous factores facían parecer favorable a idea de fusionala coa Universidade Harvard, que tiña moitos cartos, pero tiña carencias en ciencias comparadas cás letras e artes liberais. No 1904 o presidente Henry S. Pritchett reuniuse con Charles W. Eliot, presidente de Harvard para levar a cabo a fusión. Pero finalmente as protestas dos alumnos fixeron que se cancelase. No 1916, o MIT moveuse ó longo do río desde a súa localización en Boston’s Back Bay ata a súa posición actual en Cambridge, Massachusetts.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.