Lingua achi

lingua

O achi é unha lingua maia estreitamente relacionada co kʼicheʼ. É falada polo pobo achi, principalmente no departamento de Baja Verapaz, en Guatemala. Existen dous dialectos do achi, o achi de Rabinal e o de Cubulco.

Achi
Falado en: Guatemala
Rexións: Baja Verapaz
Total de falantes: 85 000 (2000)
Familia: Maia
 Quicheanano–Mameano
  Gran quicheano
   Quicheano
    Quiché–achi
     Achi
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Guatemala (lingua nacional)[1]
Regulado por: Academia de Lenguas Mayas de Guatemala
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: acr
Mapa
Status

O achi está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Unha das obras mestras da literatura precolombiana é Rabinal Achí, unha obra de teatro escrita en lingua achi.

  1. Proyecto de Reformas a la Constitución Política
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar