Bandeira do Perú
A bandeira do Perú consta de tres franxas verticais de igual anchura, sendo as bandas extremas de cor vermella e a central de cor branca.[1] Ten tres versións diferentes para usos distintos, cada cal cunha denominación oficial; o Estado peruano usa as variantes coñecidas como o Pavillón Nacional e a Bandeira de Guerra, que inclúen o escudo nacional con acompañantes distintos.
Bandeira do Perú | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 25 de febreiro de 1825 |
Cores | Vermello Branco |
Antes do 28 de xullo de 1821, día da declaración da Independencia do Perú, as tropas peruanas independentistas usaron bandeiras para diferenciarse doutras forzas militares. Estas bandeiras foron usadas por Guillermo Miller e Francisco Antonio de Zela en Tacna.
O 7 de xuño celébrase o día da bandeira, co gallo do aniversario da Batalla de Arica e o 28 de agosto a Procesión da Bandeira na cidade de Tacna.
Variantes
editar-
Pavillón Nacional
-
Bandeira de Guerra
Outras bandeiras
editar-
Primeira bandeira republicana, creada polo xeneral José de San Martín (1821-1822).
-
Segundo deseño oficial, establecido por Torre Tagle (1822).
-
Terceiro deseño (1822-1825).
-
Cuarta bandeira do Perú (1825-1950).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- ↑ "Bandeira". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2022. Consultado o 28 de marzo de 2022.