Amazonas, Perú
A Rexión do Amazonas é unha das 25 rexións administrativas que integran o territorio peruano.[1] Está situada ao norte do Perú. Fai fronteira con Ecuador ao norte e limita cos departamentos de Cajamarca ao oeste, con La Libertad e San Martín ao sur e con Loreto ao leste. A capital é a cidade de Chachapoyas.
Amazonas | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Chachapoyas | ||
• Poboación | 375.993 (2007) | ||
Cidade máis poboada | Bagua Grande | ||
Lingua oficial | Castelán | ||
Forma de goberno | Gobernos Rexionais do Perú | ||
Presidente | José Arista (2011-2014) | ||
Fundado | 21 de novembro de 1832 | ||
Superficie | Posto 9º | ||
• Total | 39 249,13 km² | ||
Fronteiras | (Ecuador) km | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 20º | ||
• Total | 375.993 (2007) hab. | ||
• Densidade | 9,6 hab./km² | ||
Xentilicio | amazonense | ||
Fuso horario | UTC-5 | ||
Dominio de Internet | .pe | ||
Prefixo telefónico | 51-41 | ||
Código ISO | AMA | ||
Ten unha superficie de 35.249,13 km². A poboación total é de 428.095 habitantes, e a densidade 10,91/km². Os idiomas falados son o español, o quechua, o awayún e o huambisa. Está cuberta por vexetación de bosque ecuatorial ao norte até a fronteira con Ecuador, e por montañas (sierras) ao sur. O río Marañón é o seu principal río.
HistoriaEditar
Creouse como departamento en 1931 e ten os seus límites actuais desde o 4 de xullo de 1991. Foi convertida en rexión en 2002.
EconomíaEditar
Os seus principais recursos económicos son a pesca, a explotación madeireira, o turismo, o café, o arroz, a produción de froitas e a gandería.
División administrativaEditar
A Rexión do Amazonas divídese en 7 provincias:
NotasEditar
- ↑ Segundo a Lei Orgánica de Gobernos Rexionais publicada no diario oficial El Peruano o 18 de novembro de 2002.
Ligazóns externasEditar
- Goberno Rexional de Amazonas Arquivado 02 de agosto de 2003 en Wayback Machine.
- Opinión do diario español ABC sobre turismo no PerúArquivado 20 de decembro de 2005 en Wayback Machine.
- Goberno Rexional de Amazonas Arquivado 02 de agosto de 2003 en Wayback Machine.
- Páxinas Amarelas – Departamento de Amazonas (inclúe mapa).