Abrir o menú principal
Vista aérea da cidade de Chachapoyas.

Chachapoyas é unha cidade do norte de Perú, capital da provincia de Chachapoyas e do Departamento de Amazonas, situada na vertente oriental da Cordilleira dos Andes, nun altiplano da cunca do río Utcubamba, afluente do río Marañón. Segundo o censo peruano de 2007, a poboación da cidade era de 23 202 habitantes.

A cidade mantén aínda o carácter colonial nas súas construcións e conta coa Universidade Nacional Toribio Rodríguez de Mendoza de Amazonas.

ToponimiaEditar

Chachapoyas provén do vocábulo nativo sachapuyos que significa homes da néboa, atribuíndolle este nome debido á densa brétema que habitualmente cobre o cerro de Puma Urco, que se atopa nas inmediacións da cidade.

HistoriaEditar

Berce da cultura chachapoyas, a cidade foi sometida polo Imperio Incaico no século XV e posteriormente, tras a conquista, foi novamente fundada polos españois co nome de San Juan de la Frontera de los Chachapoyas por Alonso de Alvarado o 5 de setembro de 1538.[1] Desa época datan a súa praza de Armas e as pequenas rúas empedradas que se conservan hoxe en día. Foi pensada para constituírse como capital do oriente peruano desde a marxe dereita do río Marañón. En 1821 derrotaron nela os patriotas peruanos aos realistas, converténdose de inmediato (1832) na capital dun dos primeiros departamentos.

NotasEditar

  1. Enciclopedia Temática del Perú. TOMO V: Geografía, Carlos Peñaherrera. Lima, Orbis Ventures, 2004.

Véxase taménEditar