Nuevo sol
Código:PEN
Ámbito: Perú
Símbolo:S/.
Fracción:100 céntimos
Moedas:1, 5, 10, 20 e 50 céntimos
1, 2 e 5 S/.
Billetes:10, 20, 50, 100 e 200 S/.
Emisor:Banco Nacional Suízo
Taxa de troco:
25-03-2010
1 EUR = 3,784 S/.
1 USD = 2,8365 S/.
Troco actual

O novo sol (en galego) ou nuevo sol (en castelán) (S/.) (ISO 4217: PEN) é a moeda oficial do Perú dende 1991, divídese en 100 céntimos. Na actualidade circulan moedas de 1, 5, 10, 20 e 50 céntimos e 1, 2 e 5 nuevos soles, e billetes de 10, 20, 50, 100 e 200 nuevos soles.

Actualmente, para reflotar e dar vixencia ao uso das moedas dun e cinco céntimos (moitos non as aceptan por creren falsamente que están fóra de circulación), o Banco Central de Reserva do Perú emitiu unha nova moeda dun céntimo de aluminio, de menor peso e igual deseño e valor que a orixinal. Ámbalas dúas moedas dun céntimo circulan simultaneamente.

A paridade cambiaria en relación ao dólar estadounidense é fixada diariamente polo Banco Central de Reserva do Perú, entidade estatal independente do executivo nas súas funcións e que deixa flotar libremente esta moeda, a que dende arredor do ano 2004 revaluouse, grosso modo, situándose nunha paridade próxima aos 2,69 nuevos soles por dólar (xaneiro 2008).

Esta moeda substituíu o inti debido á desvalorización sufrida. Un nuevo sol equivalía, no momento do troco, a 1 millón de intis ou a 1 millardo de viejos soles.

Moedas en circulación editar

Na actualidade circulan 8 moedas, no anverso mostran unha imaxe diferente e no reverso levan o escudo do Perú no centro, no exergo a lenda Banco Central de Reserva del Perú e o ano de cuñaxe.

Denominación Circula
dende
Metal Forma Diámetro Grosor Peso Bordo Imaxe
Anillo Centro
1 Céntimo
1991
Latón
Circular
16 mm
1,05 mm
1,78 g
Liso
2005
Aluminio
Circular
16 mm
1,05 mm
1,78 g
Liso
5 Céntimos
1991
Latón
Circular
18 mm
1,26 mm
2,70 g
Liso
2006
Aluminio
Circular
18 mm
1,26 mm
2,70 g
Liso
10 Céntimos
1991
Latón
Circular
20,5 mm
1,26 mm
3,50 g
Liso
20 Céntimos
1991
Latón
Circular
23 mm
1,26 mm
4,40 g
Liso
50 Céntimos
1991
Acero
Circular
22 mm
1,65 mm
5,45 g
Estriado
1 Nuevo Sol
1991
Acero
Circular
25,5 mm
1,65 mm
7,32 g
Estriado
2 Nuevos Soles
1994
Acero Latón
Circular
22,2 mm
2,07 mm
5,62 g
Liso
2010
Acero Latón
Circular
22,2 mm
2,07 mm
5,62 g
Estriado descontinuo
5 Nuevos Soles
1994
Acero Latón
Circular
24,3 mm
2,13 mm
6,67 g
Estriado
2010
Acero Latón
Circular
24,3 mm
2,13 mm
6,67 g
Estriado

Billetes en circulación editar

Denominación Circula
dende
Cor Personaxe Reverso Imaxe
10 Nuevos Soles
1991
Verde
José Abelardo Quiñones
Caza FAP XXI-41-3, no voo invertido
20 Nuevos Soles
1991
Laranxa
Raúl Porras Barrenechea
Interior do Pazo de Torre Tagle, sede da Chancelería
50 Nuevos Soles
1991
Marrón
Abraham Valdelomar
Oasis de Huacachina, Ica
100 Nuevos Soles
1992
Azul
Jorge Basadre
Biblioteca Nacional do Perú
200 Nuevos Soles
1995
Rosado
Santa Rosa de Lima
O pozo dos desexos de Santa Rosa de Lima

Revaluación do sol editar

A moeda peruana vénse revaluando dende inicios do novo milenio; por exemplo, en setembro de 2002 con 3,64 equivalía a 1 dólar, en xullo de 2004 xa se situaba en S/.3,36, en decembro de 2006, 1 dólar valía S/.3,25, en maio do 2007 con S/.3,15 equivale 1 dólar.

Para o 28 de setembro de 2007 o dólar ten un equivalente a 3.08 nuevos soles, de semana en semana a moeda segue aumentando o seu valor de xeito considerable. O último troco daquela situouse en 3,05 nuevos soles o 1 de outubro do 2007, tan só 2 días despois 5 de outubro, nos bancos a cotización retrocedeu a S/. 3,019 a compra e S/. 3,021 a venda, mentres que nalgunhas casas de troco da capital caeu por debaixo dos tres soles: entre S/. 2,98 e S/. 3,02.

O 2 de novembro de 2007 o sol rompe a barreira de 3, un dólar chega a custar entre 2,997 e 2,999 soles, situándose en xaneiro de 2008 en S/. 2,94 soles. [1] A finais de marzo de 2008 o dólar cotizábase en 2,775-2,830 nuevos soles segundo o tipo de troco publicado polo Banco da Nación do Perú na súa páxina web oficial. A mediados de abril a cotización chegou a situarse en S/. 2,68 e a finais de abril subiu a S/. 2,70.

O 14 de outubro de 2009, esta moeda cotizouse en S/. 2,8570 por dólar.

Notas editar

  1. Fontes: Reuters Latin America Arquivado 02 de febreiro de 2009 en Wayback Machine..

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar