Campionato Descentralizado

liga de fútbol do Perú
(Redirección desde «Liga peruana de fútbol»)

O Campionato Descentralizado é a primeira división da liga profesional de fútbol que se disputa no Perú, organizado pola Asociación Deportiva de Fútbol Profesional, organismo que pertence á Federación Peruana de Fútbol. Recibe o nome de Copa Movistar por mor do seu patrocinador principal.

Campionato Descentralizado
Fundación1912
Rexión Perú
Equipos16
Actual campiónAlianza Lima (25º título)
Máis laureadoUniversitario (26)
Sitio webwww.fpf.com.pe

O torneo fundouse en 1912, e até o ano 2022 lévanse disputadas 105 tempadas. Os clubs máis laureados na historia do campionato son o Club Universitario de Deportes (26 títulos), o Club Alianza Lima (25 títulos) e o Club Sporting Cristal (20 títulos), ámbolos 3 clubs da cidade de Lima. O primeiro campión foi o Lima Cricket FC, mentres que o campión actual é o Alianza Lima.

Dende 1912 até 1965 foi un campionato no que só competían equipos da rexión de Lima e da veciña provincia de Callao. En 1966 foron convidados a competir na liga por vez primeira 4 equipos do resto do país, converténdose entón o "Campionato Peruano de Fútbol" no "Campionato Descentralizado de Fútbol Profesional". Entre os anos 1997 e 2008 o formato consistía en dous torneos, Apertura e Clausura, cunha final entre os dous gañadores (se era preciso) para definir cal era o campión. Dende 2009 o campionato consiste nunha liga de 16 equipos que disputan 30 xornadas, sendo campión o equipo que remata de líder na táboa clasificatoria trala derradeira xornada.

Os 3 primeiros clasificados na liga acadan o dereito a competir na Copa Libertadores do ano seguinte. Os seguintes 4 equipos da táboa acadan un posto para disputar a Copa Suramericana do ano seguinte. Os 2 últimos equipos da clasificación perden a categoría.

Equipos 2012 editar

 
Estadio Monumental, en Lima.
 
Estadio Inca Garcilaso, en Cuzco.

A competición comeza en febreiro e remata en decembro. Os seguintes 16 equipos disputarán a edición 2012 do torneo:

Equipo Cidade Fundación Estadio Capacidade
Alianza Lima Lima 15 de febreiro de 1901 Alejandro Villanueva 35.000
Cienciano   Cuzco 8 de xullo de 1901 Garcilaso de la Vega 42.056
Cobresol   Moquegua 5 de febreiro de 2008 25 de Noviembre 21.000
FBC Melgar   Arequipa 25 de marzo de 1915 Monumental de la UNSA 60.000
Inti Gas Deportes   Ayacucho 27 de xullo de 1972 Ciudad de Cumaná 10.000
José Gálvez   Chimbote 27 de outubro de 1951 Manuel Rivera Sánchez 25.000
CSDC Juan Aurich   Chiclayo 3 de setembro de 1922 Elías Aguirre 23.000
León de Huánuco   Huánuco 29 de xuño de 1946 Heraclio Tapia 20.000
Real Garcilaso   Cuzco 28 de xullo de 2009 Garcilaso de la Vega 42.056
Sport Boys   Callao 28 de xullo de 1927 Miguel Grau 17.000
Sport Huancayo   Huancayo 7 de febreiro de 2007 Estadio Huancayo 20.000
Sporting Cristal Lima 13 de decembro de 1955 San Martín de Porres 15.000
Unión Comercio   Nueva Cajamarca 15 de xuño de 1994 IPD de Moyobamba 5.000
Universidad César Vallejo   Trujillo 6 de xaneiro de 1996 Mansiche 24.000
Universidad San Martín de Porres Lima 21 de xaneiro de 2004 San Martín de Porres 15.000
Universitario de Deportes Lima 7 de agosto de 1924 Monumental 80.093

Palmarés editar

Un equipo irrompeu recentemente con forza no palmarés do torneo peruano, o CD Universidad San Martín, con 3 títulos nos últimos 5 anos. Non obstante, o palmarés da liga segue a estar dominado polos 3 grandes clubs clásicos da cidade de Lima:

Nº de Títulos Equipo Campionatos obtidos
26 Universitario de Deportes 1929, 1934, 1939, 1941, 1945, 1946, 1949, 1959, 1960, 1964, 1966, 1967, 1969, 1971, 1974, 1982, 1985, 1987, 1990, 1992, 1993, 1998, 1999, 2000, 2009, 2013
25 Alianza Lima 1918, 1919, 1927, 1928, 1931, 1932, 1933, 1948, 1952, 1954, 1955, 1962, 1963, 1965, 1975, 1977, 1978, 1997, 2001, 2003, 2004, 2006, 2017, 2021, 2022
20 Sporting Cristal 1956, 1961, 1968, 1970, 1972, 1979, 1980, 1983, 1988, 1991, 1994, 1995, 1996, 2002, 2005, 2012, 2014, 2016, 2018, 2020
6   Sport Boys 1935, 1937, 1942, 1951, 1958, 1984
4 Deportivo Municipal 1938, 1940, 1943, 1950
3 Universidad San Martín 2007, 2008, 2010
2 Lima Cricket FB 1912, 1914
2 Sport José Gálvez 1915, 1916
2 Sport Progreso 1921, 1926
2   Atlético Chalaco 1930, 1947
2 Mariscal Sucre FBC 1944, 1953
2   Unión Huaral 1976, 1989
1 Jorge Chávez Nº1 1913
1 Sport Juan Bielovucic 1917
1 Centro Sport Inca 1920
1 Centro Iqueño 1957
1 Defensor Lima 1973
1   FBC Melgar 1981
1 Deportivo San Agustín 1986
1   CSDC Juan Aurich 2011

= Equipo desaparecido.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar