Chiclayo
Coordenadas: 6°45′47″S 79°50′12″O / -6.76306, -79.83667
Chiclayo é unha cidade do noroeste peruano, capital da provincia homónima e do departamento de Lambayeque. É a cuarta cidade máis poboada do país, alcanzando oficialmente e segundo proxeccións do INEI do ano 2012, os 583.159 habitantes.[1]
Chiclayo | |||
---|---|---|---|
| |||
![]() | |||
Parque das Musas. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Lambayeque | ||
Provincia | Provincia de Chiclayo | ||
Xeografía | |||
Altitude | 27 msnm | ||
Superficie | 174,46 km2 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 524 442 hab. (2007) | ||
Densidade | 1 903,02 hab/km² | ||
Xentilicio | Chiclayano/a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 14001 | ||
Alcalde | David Cornejo Chinguel | ||
munichiclayo.gob.pe |
Foi fundada baixo o nome de Santa María de los Valles de Chiclayo en 1720; elevada á categoría de vila en 1827, por decreto do Presidente Mariscal José de La Mar; e en 1835, durante o goberno do Presidente Coronel Felipe Santiago Salaverry foille conferido o título de «Cidade Heroica».[2]
Toponimia Editar
Existen moitas versións sobre a orixe etimolóxica do nome Chiclayo. Unha das versións atribúe o nome a un indíxena chamado “Chiclayoc” ou “Chiclayep” que carrexaba xeso entre as primixenias cidades de Saña, Lambayeque e Mórrope. Outra versión sostén que cando a cidade se encontraba en proceso de formación, dábase en abundancia un froito de cor verde chamado “Chiclayep” ou “Chiclayop”, que en lingua mochica significa «verde que colga». Segundo outra versión a cidade toma o nome dunha especie de cabaza denominada «chiclayo» nas vilas da serra de Cajamarca. Outra denominación indica que é unha palabra traducida do mochica que deriva de «Cheqta» que significa «a metade» e «Yoc» que significa «propiedade de» compoñendo «terreo do medio de propiedade común». E outros indican que en lingua mochica hai palabras semellantes a Chiclayo, por exemplo, “Chiclayap” ou “Chekliayok”, que quere dicir «lugar onde hai ramas verdes».
Notas Editar
- ↑ "Población oficial 2012" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de setembro de 2012. Consultado o 01 de decembro de 2012.
- ↑ Estudio del PNUMA, la Univesidad Señor de Sipan y la Municipalidad provincial de Chiclayo,páx. 1. Consultado o 1 de decembro de 2012.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chiclayo |