Corrientes
Corrientes (en guaraní: Taragüí) é unha cidade do nordeste da Arxentina, capital da provincia homónima. Está situada a beiras do Río Paraná, a uns 1200 km augas arriba da súa desembocadura no Río da Prata.
Corrientes | |
---|---|
![]() |
A ponte General Manuel Belgrano, situada sobre o río Paraná, comunícaa coas veciñas cidades de Barranqueras e Resistencia na provincia de Chaco. Esta ponte ademais é o inicio da Ruta Nacional 16, a cal foi prolongada en 1973 coa inauguración da mesma.
Encóntrase sobre a Ruta Nacional 12 e a Ruta Provincial 5, a 315 km da cidade de Posadas, capital de Misiones, a 346 km de Asunción, capital de Paraguai, a 561 km da cidade de Santa Fe e a 923 km de Buenos Aires.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Figuerero, Manuel V. (1929). Bos Aires, Krass, ed. Lecciones de historiografía de Corrientes.
- Mantilla, José Florencio (1972). Bos Aires: Banco de la Provincia, ed. Crónica Histórica de la Provincia de Corrientes. 3 vols.
- Sorg, Gustavo Miguel (2007). Plazas de Corrientes = Mauriño, Alejandro. ISBN 978-987-05-2462-5.
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corrientes |
- Sitio Web Oficial do Municipio da Cidade de Corrientes Municipalidade de Corrientes.
- Sitio Federal
- Coord. xeográficas