Provincia do Chaco
| |||
Himno | Canta tu canto Chaco | ||
Capital poboación (ano) |
Resistencia 275.962 habitantes (2001) | ||
![]() | |||
Gobernador | Jorge Capitanich | ||
Superficie | 99.633 km² | ||
Poboación Densidade |
1.053.466 hab.(2010) 10,57 hab./km² | ||
Xentilicio | Chaqueño |
A provincia do Chaco[1] (El Chaco) é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1 053 466 habitantes (2010) e a súa capital é Resistencia.
A súa economía baséase no sector primario, onde destacan os cultivos de algodón, soia, a produción de gando vacún, e a extracción de madeira.
Conta cunha das maiores poboacións aborixes integrada por mataco - guaycurús (wichís, tamén chamados matacos, qom coñecidos como tobas, e mocovís), como tamén por numerosos descendentes de inmigrantes da Europa Central e Oriental; checos, eslovacos, búlgaros, croatas, montenegrinos e italianos.
No 2010, Chaco pasou a ser a segunda Provincia arxentina en adoptar máis dun idioma oficial, ao declarar os idiomas qom (lingua nativa da etnia toba), moqoit (lingua nativa da etnia mocoví) e wichi (lingua nativa da etnia wichi) como idiomas oficiais alternativos da Provincia. Así, Chaco sumaríase á súa veciña Provincia de Corrientes como as únicas da República Arxentina en posuír máis dun idioma oficial (á parte do español oficial da Arxentina).
Notas e referenciasEditar
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 120. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |