Resistencia, Chaco

Coordenadas: 27°27′5″S 58°59′12″O / -27.45139, -58.98667

Resistencia é unha cidade da Arxentina, capital e cidade máis poboada da Provincia do Chaco, ademais do seu principal centro cultural e económico. Abarca a área metropolitana, coñecida como Gran Resistencia, que en 2001 alcanzaba os 350 mil habitantes.

Resistencia, Chaco
Resistencia Montage.jpg
Localización
Municipio Resistencia in San Fernando department.png

Está situada ao sueste da provincia e na parte nordeste do departamento San Fernando, do cal é capital. A proximidade coa cidade de Corrientes permite a integración de ambas cidades en forma de conurbano, o que as converte nun importante centro metropolitano do Nordeste arxentino (NEA). Na rexión NEA destaca como un nó de comunicacións.

A nivel nacional é recoñecida como Capital Nacional das Esculturas, pola presenza de numerosas obras escultóricas nas rúas da cidade que a converten nun museo a ceo aberto.

A municipalidade de Resistencia é o órgano encargado de rexer a urbe e as zonas rurais da mesma. Esta extensión avanza polo departamento San Fernando cara ao norte e sur da cidade, quedando algunhas poboacións da ruta Provincial Nº 13 baixo a xurisdición da mesma. A principal actividade económica é a administración pública, o comercio e os call center.

Xeograficamente é atravesada polo río Negro, e conta cunha gran cantidade de lagoas; o seu clima é semitropical semiestépico.

Foi fundada en 1878 sobre a base dun asentamento forestal, ao que se sumou un continxente de inmigrantes friulianos que formaron a primeira colonia agrícola do Chaco, e que permitiría logo a colonización do resto do territorio.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar