Dani Jarque
Daniel Jarque González, nado en Barcelona o 1 de xaneiro de 1983 e finado en Florencia o 8 de agosto de 2009, foi un futbolista catalán que xogaba de defensa central. O club no que se desenvolveu toda a súa carreira deportiva foi o RCD Espanyol.
(2009) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1983 Barcelona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 8 de agosto de 2009 (26 anos) Florencia, Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | Assistolia (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 77 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2002 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Durante a final do Mundial de fútbol 2010 Andrés Iniesta dedicou o gol marcado na súa memoria.
Traxectoria
editarJarque empezou a xogar no CF Cooperativa de Sant Boi de Llobregat e aos 12 anos pasou a formar parte das categorías inferiores do RCD Espanyol. O futbolista debutaría co primeiro equipo o 20 de outubro de 2002, nun partido de liga ante o Recreativo de Huelva.[1] Durante os seguintes dous anos iría alternando o filial co primeiro equipo.
Non sería ata a tempada 2004-2005, e da man de Miguel Ángel Lotina, cando Jarque pasaría a ter ficha no persoal principal. Alí conseguiu co club perico o seu primeiro título como profesional, a Copa do Rei de 2006 que o club branquiazul gañou ante o Real Zaragoza. Na súa carreira tamén chegou a disputar a final da Copa da UEFA, que perdeu ante o Sevilla FC na final que se disputou en Glasgow o 16 de maio de 2007. O 18 de xullo de 2009, o adestrador Mauricio Pochettino outorgoulle o brazalete de capitán do RCD Espanyol.[2]
Falecemento
editarDurante a xira estival que o seu equipo realizaba por Italia, Jarque perdeu o coñecemento na habitación do hotel de concentración mentres mantiña unha conversa telefónica coa súa noiva. Esta rapidamente avisou ao seu compañeiro de cuarto no hotel, Ferran Corominas, que pediu asistencia médica. Aínda que foi trasladado rapidamente a un hospital, os médicos non puideron facer nada por reanimalo e o futbolista perdeu a vida. Dani Jarque morreu por mor dunha asistolia no Centro Técnico Federal da FIGC en Coverciano, barrio de Florencia (Italia), o 8 de agosto de 2009.[3][4]
A noticia da morte do futbolista causou unha gran conmoción no mundo do fútbol español. Pola capela ardente que se dispuxo o 11 de agosto no Estadio Cornellà-El Prat desfilaron representantes de todos os equipos de primeira e segunda división, así como distintas autoridades da vida pública e política, ademais de 14.000 afeccionados.[5] No Estadio Cornellà-El Prat existe a tradición non oficial de aplaudir durante o minuto 21 de cada partido en memoria do xogador, xa que este número era o seu dorsal na última tempada que disputou.
Homenaxes posteriores
editarDesde mediados de abril de 2010, a porta número 21 do estadio Cornellà-El Prat pasou a denominarse oficialmente porta Dani Jarque na súa honra.[6]
O 11 de xullo de 2010, Andrés Iniesta, tras conseguir o gol da vitoria na final do mundial de Suráfrica 2010 (fronte ao equipo dos Países Baixos), homenaxeou a Dani Jarque mostrando unha camiseta co lema Dani Jarque siempre con nosotros.[7] Tras o partido o xogador declarou moi emocionado que non puidera facer nada por el en toda a tempada e merecíao.[8]
No primeiro aniversario da súa morte, o seu equipo fíxose co Trofeo Ramón de Carranza, os seus compañeiros dedicáronlle a vitoria poñéndolle ao trofeo unha camiseta coa súa fotografía.[9]
O 21 de xaneiro de 2012 inaugurouse na porta 21 do estadio Cornellà-El Prat unha estatua de bronce do ex-capitán do club perico, inspirado na memoria de Jarque.[10][11]
Estatísticas
editarTemp. | Club | País | Liga | Part. | Goles | Copa | Goles | Europa | Goles |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2002/2003 | RCD Espanyol | España | Primeira División | 6 | 0 | 0 | 0 | ||
2003/2004 | 9 | 0 | 0 | 0 | |||||
2004/2005 | 21 | 1 | 1 | 0 | |||||
2005/2006 | 34 | 4 | 7 | 1 | 8 | 0 | |||
2006/2007 | 36 | 0 | 2 | 1 | 14 | 0 | |||
2007/2008 | 31 | 1 | |||||||
2008/2009 | 36 | 2 |
Palmarés
editar- 1 Copa do Rei: 2006, co RCD Espanyol.
- 1 subcampionato da Copa da UEFA: 2007, co RCD Espanyol.
- 1 Copa Catalunya: 2006
- 1 Campionato Europeo da UEFA Sub-19: 2002
Notas
editar- ↑ Supergol Arquivado 12 de agosto de 2009 en Wayback Machine. El Mundo Deportivo, 21.10.2002
- ↑ "O brazalete de capitán é a miña recompensa a unha vida entregada ao Espanyol" El País, 10.8.2009
- ↑ Jordi Quixano (8 de agosto de 2009). "Muerte súbita de Dani Jarque". El País (en castelán). Barcelona.
- ↑ Tomás Guasch (8 de agosto de 2009). "Daniel Jarque fallece en el hotel de concentración del Espanyol". As.
- ↑ "Más de 14.000 personas en el último adiós a Jarque" El Mundo, consultado o 12 de agosto de 2009 (en castelán).
- ↑ abc.es A Porta 21 do estadio Cornellà chámase Dani Jarque (16 de abril de 2010)
- ↑ marca.com Iniesta, o gol da súa vida dedicado a Jarque (11 de xullo de 2010)
- ↑ sport.es Iniesta dedicou o seu tanto ao desaparecido Dani Jarque (11 de xullo de 2010)
- ↑ marca.com O Carranza como tributo a Jarque Arquivado 08 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (8 de agosto de 2010)
- ↑ marca.com Jarque xa preside a porta 21 de Cornellà Arquivado 26 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (21 de xaneiro de 2012)
- ↑ as.com Escultura de Dani Jarque xa está en Cornellà-El Prat (21 de xaneiro de 2012)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dani Jarque |