Exército Zapatista de Liberación Nacional
O Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) é unha organización mexicana de carácter político, que nos seus comezos foi militar. A súa inspiración política é o zapatismo, o marxismo e o socialismo libertario, e a súa estrutura militar é a guerrilla. O seu obxectivo é, segundo o subcomandante Marcos, "A toma do poder? Non, só algo máis difícil: un mundo novo.”,[1] e na Declaración da Selva Lacandona estableceuse: "...loita por traballo, terra, teito, alimentación, saúde, educación, independencia, liberdade, democracia, xustiza e paz...acadar o cumprimento destas demandas básicas do noso pobo formando un goberno do noso país libre e democrático".
Exército Zapatista de Liberación Nacional | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | movemento guerrilleiro e organización armada ![]() | |||
Epónimo | Emiliano Zapata ![]() | |||
Parte de | Zapatismo ![]() | |||
Ideoloxía política | socialismo libertario, Altermundismo e neozapatismo ![]() | |||
Posición política | esquerda política ![]() | |||
Retrouso | El pueblo manda y el Gobierno obedece ![]() | |||
Bandeira | ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Persoas relevantes
| ||||
Data | ||||
Fundación | 1983 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | México | |||
Estado federado | Chiapas ![]() | |||
País | México ![]() | |||
Localización | Chiapas ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | ezln.org.mx ![]() | |||
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |
Saíu á luz pública no estado mexicano de Chiapas o 1 de xaneiro de 1994, cando un grupo de indíxenas armados intentaron ocupar 7 cabeceiras municipais o mesmo día en que entraba en vigor o "Tratado de Libre Comercio de América do Norte" (TLC), durante o goberno de Carlos Salinas de Gortari; cuestionando o sistema político mexicano sobre as súas promesas de modernidade. O seu obxectivo era o derrocamento do presidente elixido e o establecemento dunha democracia participativa. Trala represión militar recibida, emprendeuse unha actividade política, mantendo un carácter de esquerda radical. O seu mando é nomeado Comité Clandestino Revolucionario Indíxena-Comandancia Xeral (CCRI-CG) do EZLN.[2]
Notas
editar- ↑ Carta do Subcomandante Insurxente Marcos a Gaspar Morquecho, 2 de febreiro de 1994. Citado por Alejandro Raiter e Irene Muñoz (1995)[1] Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ "Decomisa la Sedena Manual político-militar del EZLN". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2010. Consultado o 17 de novembro de 2014.