Illa Ellis
Coordenadas: 40°41′54″N 74°02′28″O / 40.69833, -74.04111
A illa Ellis é unha illa situada na foz do río Hudson e a menos dun quilómetro de distancia da illa da Liberdade, que acolle a Estatua da Liberdade.[1]
Illa Ellis | |
---|---|
Ellis Island | |
![]() Vista aérea da Illa Ellis. | |
Situación | |
País | ![]() |
estado | Nova Jersey e Nova York |
Mar | Océano Atlántico |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa artificial continental |
Superficie | 0,13 km² |
HistoriaEditar
É principalmente coñecida por ser, durante a primeira metade do século XX, a principal entrada dos inmigrantes que chegaban ós Estados Unidos de América. Os servizos de inmigración do país funcionaron na illa dende o 1 de xaneiro de 1892 até o 12 de novembro de 1954.
AdministraciónEditar
A illa é administrada polo goberno federal e forma parte do monumento nacional da Estatua da Liberdade, baixo a xurisdición do Servizo Nacional de Parques e tamén acolle un museo. Territorialmente, é compartida entre as cidades de Nova York no estado de Nova York e Jersey City en Nova Jersey. A illa Ellis tamén foi suxeito dunha querela de fronteira entre os dous estados americanos.
SuperficieEditar
Segundo a oficina de estatísticas dos Estados Unidos, a illa ten unha superficie oficial de 129619 m², sendo a maior parte dela creada de xeito artificial. A porción natural da illa, que se atopa no territorio da cidade de Nova York, ten 21458 m² e está completamente arrodeada pola parte artificial. Porén, máis do 83 % da superficie da illa atópanse en territorio da cidade de Jersey.
NotasEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
- ↑ "Proclamation 3656—Adding Ellis Island to the Statue of Liberty National Monument". www.presidency.ucsb.edu; The American Presidency Project. Consultado o 2023-01-29.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Ellis |