Ghana

país da África occidental
(Redirección desde «Ghanés»)

Ghana,[1][2][3] e oficialmente República de Ghana (en inglés: Republic of Ghana), é un país da África occidental, limitado a norte polo Burkina Faso, a leste polo Togo, a sur polo Golfo da Guinea e a oeste pola Costa do Marfil. A súa capital é Accra.

Modelo:Xeografía políticaGhana
Ghana (ak)
Gana (dag)
G (tw) Editar o valor em Wikidata
Imaxe
(2006)

HimnoGod Bless Our Homeland Ghana Editar o valor em Wikidata

Lema«Freedom and Justice»
«Rhyddid a Chyfiawnder» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aImperio de Ghana Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 8°02′N 1°05′O / 8.03, -1.08Coordenadas: 8°02′N 1°05′O / 8.03, -1.08
CapitalAccra Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación32.833.031 (2021) Editar o valor em Wikidata (137,64 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie238.535 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Afadja (pt) Traducir (885 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoGolfo da Guinea (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1957 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernodemocracia Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGoverno do Gana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor em WikidataNana Akufo-Addo (2017–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento do Gana (pt) Traducir , (Escano: 275) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal79.156.409.410 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaCedi Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.gh Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+233 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia999, 191 (pt) Traducir, 192 (pt) Traducir e 193 Editar o valor em Wikidata
Código de paísGH Editar o valor em Wikidata

Páxina webghana.gov.gh Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A historia de Ghana previamente ao último cuarto do século XV deriva basicamente da tradición oral, que refere ás migracións dos reinos antigos de Sahel — actualmente a Mauritania e Malí. Antes designada de Costa do Ouro, e renomeada para Ghana na secuencia da súa independencia en 1957 debido ás indicacións que os actuais habitantes descenden de emigrantes que se moveron para o Sur do Imperio Ghana. Unha das partes interesantes da historia de Ghana é o retorno de libertos afro-brasileiros, formando unha comunidade chamada Tabón.

Ghana foi a primeira colonia da África negra en obter a independencia, o 6 de marzo de 1957, a partir da colonia británica de Costa do Ouro e do territorio de Togoland. A Lei de Independencia de Ghana de 1957 foi aprobada no Parlamento do Reino Unido, recibindo o consentimento real o 7 de febreiro de 1957. Desde 1992 é unha democracia.

Política editar

Artigo principal: Política de Ghana.

Subdivisións editar

Artigo principal: Subdivisións de Ghana.
 
Mapa político de Ghana

Ghana debúllase en 10 rexións, as cales á súa vez se dividen en 130 distritos.

A maior en superficie é a Setentrional, cunha área de 70.388 km², e a menor é a do Gran Accra, con 2.593 km². As menos poboadas son as dúas rexións fronteirizas do norte, Ghana Occidental e Oriental, as cales tamén son as máis secas, pois encóntranse no límite meridional do Sahel. A zona suroeste de todo o territorio é a máis chuviosa, fértil e densamente poboada.

A rexión-reino dos Ashanti ten unha forte identidade que inclúe o mantemento dunha monarquía con fortes poderes simbólicos, culturais e representativos. É a máis poboada, por encima incluso do Gran Accra, onde se atopa a capital.

As rexións de Ghana son as seguintes:

Xeografía editar

Artigo principal: Xeografía de Ghana.

Ghana sitúase no golfo da Guinea, na África occidental, algúns graos apenas ao norte do Ecuador. A metade do país fica a menos de 152 metros por riba do nivel do mar, e o seu punto máis elevado ten 883 m. Os 537 quilómetros de costa son principalmente litorais baixos e areosos, tras dos cales se estenden chairas cubertas por vexetación de pequeno porte, interseitada por varios ríos e ribeiras, a maioría dos cales só son navegábeis en canoas. Ao norte, preto da fronteira coa Costa do Marfil, esténdese unha faixa de foresta húmida tropical interrompida por outeiros densamente forestados e moitos ríos. Esta área, coñecida como Ashanti, produce moito do cacao, minerais e madeira do país. Ao norte desta faixa, a altitude varía entre 91 e 396 metros acima do nivel do mar e o territorio está coberto por arbustos baixos, sabana e chairas cobertas de herba.

O clima é tropical. A faixa costeira oriental é morna e comparativamente seca; o canto suroeste é quente e húmido; o norte é quente e seco. Existen dúas estacións das chuvias no sur: maio-xuño e agosto-setembro; no norte, as estacións das choivas tenden a fundirse. Un vento quente de nordeste, o harmadón, sopra en xaneiro e febreiro. A precipitación media anual na zona costeira é de preto de 83 centímetros.

O lago Volta, o maior lago feito polo ser humano, esténdese desde a barraxe de Akosombo no sueste do Ghana ata á cidade de Yapei, 520 quilómetros para norte. O lago xera electricidade, prové dunha vía de transporte no interior e é un recurso potencialmente valioso para a irrigación e mais para a acuicultura.

Economía editar

Artigo principal: Economía de Ghana.

Demografía editar

Artigo principal: Demografía de Ghana.

Cultura editar

Artigo principal: Cultura de Ghana.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ghanés.
  2. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 
  3. Malia o DRAG establecer que ganés, e xa que logo Gana, é incorrecto ás veces tamén se emprega:Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ganés. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 126. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 05 de abril de 2014. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 103. ISBN 84-8158-266-2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Acra (Gana) 

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.