Economía de Ghana
A economía de Ghana se fortaleceu grazas a unha sólida xestión durante un cuarto de século, a un ambiente de negocios competitivo e a reducións persistentes nos niveis de pobreza.[1] Ghana é un dos países máis ricos da África tropical, e a súa economía se basea na extracción de recursos naturais e na agricultura. Os principais ítens exportados son o ouro, madeira e cacao. A moeda do país é o Cedi.
Economía de Ghana | |
---|---|
Moeda | Cedi |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 83,18 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 79ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 8,2% (2012) |
PIB per cápita | 3 300 (2012) |
PIB por sector | agricultura 24,6%, industria 27,4%, comercio e servizos 47,9% (2012) |
Inflación | 9,1% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 11,67 millóns (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 56%, industria 15%, comercio e servizos 29% (2005) |
Desemprego | 11% (2000) |
Industrias | {{{Industrias}}} |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 13,58 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | ouro, cacao, madeira, atún, bauxita, aluminio, manganeso, diamante, hortigranxeiros |
Principais mercados | Países Baixos 11%, Reino Unido 9%, Francia 6,2%, Estados Unidos 5,9%, Alemaña 4,6%, Bélxica 4,4% (2007) |
Importacións | 17,52 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | bens de capital, petróleo, alimentos |
Principais mercados | Nixeria 15,1%, República Popular da China 14,9%, Reino Unido 5,2%, Estados Unidos 5,1% (2007) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 11,23 mil millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Agricultura
editarA principal fonte de ingresos dos agricultores é o cacao e os seus produtos derivados, que normalmente adoitan consistir en dous terzos da cantía total das exportacións, a madeira, o aceite de palma, o coco e outros produtos de palmeira, o karité, do que se extrae graxa comestible, e o café. Ademais destes produtos tradicionais, Ghana incorporou á súa agricultura novos produtos con éxito, como ananás, anacardio, pementa negra, iñame, mandioca, banana, millo, arroz, cacahuete, feixón e sorgo. Tamén dispón de aves de curral e de carne.
Practícase a minaría — principalmente de ouro, diamantes, manganeso e bauxita— O único pozo petrolífero que había abandonouse tras producir 3.5 millóns de barrís (560 000 m²) durante sete anos, pero hai indicios da presenza de gas natural.
Industria
editarA industria de Ghana está relativamente avanzada se se compara con outros países africanos. As industrias máis importantes son as das áreas dos téxtiles, de aceiro, pneumáticos, a refinaría de petróleo, o moído de fariña, a destilaría, o tabaco, e a montaxe de coches, camións e autobuses.
Servizos
editarO sector de servizos responde por 50% do PIB do país.[1] O turismo pasou a ser unha das fontes de ingresos máis saudables (terceira en 1997); e o goberno de Ghana puxo moito énfase en apoiar o crecemento do turismo.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 CIA. "CIA - The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2020. Consultado o 9 de abril de 2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).