God Bless Our Homeland Ghana

God Bless Our Homeland Ghana (en inglés: Deus bendiza a nosa patria Ghana), é o himno nacional de Ghana. O himno foi escrito e composto orixinalmente por Philip Gbeho e adoptado en 1957 tras a independencia.

God Bless Our Homeland Ghana
En galego: Deus bendiza a nosa patria Ghana
Nacional deGhana Ghana
LetraMichael Kwame Gbordzoe
1966
MúsicaPhilip Gbeho
1957
Adoptado1957

O texto actual foi mudado tempo despois tras o golpe de 1966 de Ghana, escrito polo estudante Michael Kwame Gbordzoe dentro dun concurso. Aínda así, mantívose a súa música e o texto actual é como segue:

Orixinal (Michael Kwame Gbordzoe):
God bless our homeland Ghana
And make our nation great and strong,
Bold to defend forever
The cause of Freedom and of Right;
Fill our hearts with true humility,
Make us cherish fearless honesty,
And help us to resist oppressors' rule
With all our will and might for evermore.
Hail to thy name, O Ghana,
To thee we make our solemn vow:
Steadfast to build together
A nation strong in Unity;
With our gifts of mind and strength of arm,
Whether night or day, in the midst of storm,
In ev'ry need, whate'er the call may be,
To serve thee, Ghana, now and evermore.
Raise high the flag of Ghana
And one with Africa advance;
Black star of hope and honour
To all who thirst for liberty;
Where the banner of Ghana freely flies,
May the way to freedom truly lie;
Arise, arise, O sons of Ghanaland,
And under God march on for evermore!
Tradución:
Deus bendiza a nosa patria Ghana
e faga a nosa nación grande e forte,
afoutada para defender sempre
a causa da Liberdade e o Dereito;
enche os nosos corazóns de humildade verdadeira,
fainos amar con honestidade sen medo
e axúdanos a resistir a man dos opresores
con toda determinación e coraxe para sempre.
Ave o teu nome, oh Ghana,
para ti facemos o noso voto solemne:
firme para construírmos xuntos
unha nación forte na Unidade;
cos dons da mente e a forza do brazo,
aínda de noite ou de día, no medio da tormenta,
en calquera necesidade, na chamada que sexa,
para servirte a ti, Ghana, agora e sempre.
Érgase alto a bandeira de Ghana
e a unha co avance de África;
estrela negra de esperanza e honra
para todos aqueles con ansia de liberdade;
alí onde a bandeira de Ghana libremente ondee
pode atoparse realmente o carreiro para ceibarse;
avante, avante, oh fillos da terra de Ghana
e baixo Deus marchando para sempre!

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar