Gonzalo Adrio

avogado e político galego
(Redirección desde «Gonzalo Adrio Barreiro»)

Gonzalo Adrio Barreiro, nado en Pontevedra o 1 de outubro de 1919 e finado na mesma cidade o 1 de xaneiro de 2018[1], foi un avogado e político galego.

Modelo:BiografíaGonzalo Adrio
Biografía
Nacemento(es) Gonzalo Adrio Barreiro Editar o valor en Wikidata
1 de outubro de 1919 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xaneiro de 2018 Editar o valor en Wikidata (98 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento de Galicia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - dereito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Popular
Partido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosMaría Margarita Adrio Taracido Editar o valor en Wikidata
IrmánsJosé Adrio Barreiro Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1702152 BUSC: adrio-barreiro-gonzalo-1919

Traxectoria

editar
 
Lápida no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.

Fillo de José Adrio Mañá e irmán de Francisco e de José Adrio Barreiro, licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Dedicou a súa vida ao exercicio da avogacía e ao estudo do Dereito Civil Galego. Ingresou na Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación en 1970. Foi presidente do Partido Socialista Popular de Galicia, tras ingresar no Partido dos Socialistas de Galicia foi parlamentario autonómico entre 1985 e 1989, encabezou a lista do PSdeG ó concello de Pontevedra en 1987. No ano 2004 editou un libro de memorias, Sin odio, sin rencor, pero el recuerdo vivo (Ediciós do Castro). Especialista na memoria histórica e na recuperación dos falecidos durante a guerra e a represión franquista.

  • Sin odio, sin rencor, pero el recuerdo vivo, 2004.
  • La vida municipal en la II República española. Examen de los municipios en la provincia de Pontevedra en ese período (1931-1936), 2008.

Recoñecementos

editar

En 2003 recibiu o premio honorífico Cidade de Pontevedra outorgado polo Concello "pola súa traxectoria vital na loita pola recuperación da memoria histórica, exemplo de honestidade e entrega comprometida co noso tempo e coa nosa terra, no que se personalizan os valores democráticos e de solidariedade". En 2011 o goberno de España concedeulle a Medalla ao Mérito do Traballo.

Vida persoal

editar

Casou con Aurora Taracido Fraga (1921-2014), filla de Arturo Taracido, e tiveron cinco fillas: Beatriz, Aurora, María Margarita, Matilde e Susana Adrio Taracido.[2]

  1. "Falece o avogado e político Gonzalo Adrio Barreiro aos 98 anos", de Alejandro Espiño en Pontevedra Viva, 1 de xaneiro de 2018.
  2. Adrio (Pontevedra) Arquivado 05 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., na web Liñaxes.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar