Arturo Taracido

político galego

Arturo Taracido Veira, nado na Coruña en 1887 e finado na mesma cidade o 18 de maio de 1982, foi un político galego.

Infotaula de personaArturo Taracido
Biografía
Nacemento1887 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de maio de 1982 Editar o valor em Wikidata (94/95 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou na Escola de Profesorado Mercantil, da que despois foi profesor auxiliar. Dedicouse ao comercio, foi xerente da compañía Laboratorios Orzán. Colaborou en A Nosa Terra cuns artigos en galego baixo o título "Cartas a meu afillado" e outras colaboracións de temas de actualidade. Amigo de Santiago Casares Quiroga, asistiu ao Pacto de Lestrobe. Foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde da Coruña ao comezo do réxime republicano. Deputado provincial, foi vicepresidente da Deputación da Coruña. Tamén foi directivo e presidente do Casino Republicano e presidente da Asociación Regional de Padres de Familia para la defensa del Laicismo en la Enseñanza. Integrouse en 1934 en Izquierda Republicana.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi denunciado e detido. Pasou a guerra encarcerado. Despois foi condenado a doce anos polo Tribunal de Represión da Masonería e o Comunismo, así como a inhabilitación absoluta perpetua para calquera cargo público. O Tribunal de Responsabilidades Políticas abriulle expediente, satisfeito o cargo económico, foi pechado en decembro de 1940 coa sanción de tres anos e un día de inhabilitación especial para o desempeño de cargos públicos de mando, confianza e directivos.[1] A finais de 1941 ingresou na prisión madrileña de Conde Peñalver, pasando alí dous anos e tres meses. O consello de ministros conmutoulle a pena pola de seis anos e un día de confinamento. Estivo en Fuerteventura e despois en León e Lugo, finalizando a súa condena en outubro de 1946. Protexeu, dentro das súas limitacións, a varios republicanos, entre eles a Esther, a filla de Casares Quiroga, que estivo retida 19 anos na Coruña. Finou na Coruña o 18 de maio de 1982.[2]

Vida persoal editar

Casado con Matilde Fraga Ferreiro, a súa filla Aurora Taracido Fraga casou con Gonzalo Adrio Barreiro.

Notas editar

  1. BOE, 21-4-1941, p. 1555.
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-5-1982, p. 38.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar