Marica Adrio
María Margarita Peregrina Adrio Taracido, nada na Coruña en 1956,[1] e veciña de Pontevedra, é unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Margarita Peregrina Adrio Taracido 1956 (67/68 anos) A Coruña, España |
Senadora de España | |
Concelleiro de Pontevedra | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogada , política |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | dous |
Pai | Gonzalo Adrio Barreiro |
Traxectoria editar
Filla de Gonzalo Adrio, avogado, e Aurora Taracido, farmacéutica, e neta de Arturo Taracido, político de esquerdas represaliado durante o franquismo, María Margarita é avogada especialista en Dereito de familia. Formou parte do Servizo de Orientación e Asistencia Xurídica Penitenciaria do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra e é membro dunha ONG que presta axuda a reclusos.[2]
A proposta de Roberto Taboada Rivadulla, foi concelleira do Concello de Pontevedra tralas Eleccións municipais de 1991. Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 foi escollida senadora do Senado de España pola Provincia de Pontevedra.[1] Repite candidatura nas Eleccións xerais de novembro do mesmo ano.[3]
Imparte a materia de «Deontoloxía, Organización Profesional e Quenda de Oficio» na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo.[4]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Ficha de Senador Senado de España.
- ↑ "María Adrio Taracido, abogada y senadora: “La abogacía es una profesión en la que estás en contacto con todas las realidades y te hace más tolerante”". Consejo General de la Abogacía Española (en castelán). 3 de setembro de 2019.
- ↑ "El PSOE repite listas en Pontevedra para el 10-N: "Nós non temos que andar facendo retoques"". Diario de Pontevedra (en castelán). 7 de outubro de 2019.
- ↑ Persoal Docente e Investigador Universidade de Vigo.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marica Adrio |
Outros artigos editar
- Lista de senadores galegos desde a Transición
- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
Ligazóns externas editar
- "«En el colegio ya era abogada de pleitos pobres»". La Voz de Galicia (en castelán). 26/5/2019.