Manuel Roxas
Manuel Acuña Roxas, nado en Roxas City (daquela Capiz) o 1 de xaneiro de 1892 e finado en Pampanga o 15 de abril de 1948, foi un avogado e político filipino, primeiro presidente da República de Filipinas, despois que o país se tornase independente dos Estados Unidos. Gobernou entre o 4 de xullo de 1946 ata a súa morte por ataque cardíaco, o 15 de abril de 1948.
Manuel Roxas | |
---|---|
![]() | |
Manuel Roxas y Acuña | |
Presidente de Filipinas | |
Período | 28 de maio de 1946 - 15 de abril de 1948 |
Antecesor | Sergio Osmeña |
Sucesor | Elpidio Quirino |
Datos persoais | |
Nacemento | 1 de xaneiro de 1892 |
Capiz (actual Roxas City) | |
Falecemento | 15 de abril de 1948 |
Base Aérea de Clark, Pampanga | |
Organización | Partido Nacionalista (1919-45) Partido Liberal ng Pilipinas (1945-48) |
Pai | Gerardo Roxas y Arroyo |
Cónxuxe | Trinidad de León-Roxas |
Fillos | Gerry M. Roxas |
Alma máter | University of Manila, Universidade de Filipinas e Manila High School |
Profesión | avogado e político |
Relixión | Igrexa católica |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Descendente de mexicanos, sino-filipinos e biscaíños, estudou Dereito na Universidade de Manila, graduándose na primeira promoción de 1913. Inmediatamente ingresou na política, converténdose en fiscal provincial. O 1921 foi elixido para a Casa dos Representantes.
Despois do establecemento da Mancomunidade de Filipinas (en inglés, Commonwealth of the Philippines), Roxas foi nomeado membro da Asemblea unicameral, e serviu no gabinete do presidente Manuel L. Quezon. Despois que as emendas á constitución de 1935 fosen aprobadas, foi elixido para o Senado, pero a invasión xaponesa durante a segunda guerra mundial impediu que asumise o cargo.
En 1942, Roxas foi capturado polas forzas de invasión xaponesas. Cando as tropas americanas reocuparon Filipinas, foi apresado como colaborador dos xaponeses, pero o xeneral Douglas MacArthur rehabilitouno. Nas eleccións de 1946 Roxas presentouse como candidato e foi elixido, converténdose en presidente o 4 de xullo dese mesmo ano. Morreu dun ataque do corazón na Base Aérea Clark, dos Estados Unidos, cando daba un discurso.
Presidente de Filipinas | ||
---|---|---|
Segue a: Sergio Osmeña |
Manuel Roxas | Precede a: Elpidio Quirino |
Partido Liberal ng Pilipinas |