Samuel Bronston

produtor de cinema estadounidense

Samuel Bronshtein, nado en Chisinau (actual Moldavia) o 26 de marzo de 1908 e finado en Sacramento (California) o 12 de xaneiro de 1994 foi un produtor estadounidense coñecido como Samuel Bronston.

Modelo:BiografíaSamuel Bronston
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1908 Editar o valor en Wikidata
Chișinău (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xaneiro de 1994 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Sacramento (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLas Rozas de Madrid Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprodutor de cinema, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor en Wikidata -
Familia
FillosWilliam Bronston Editar o valor en Wikidata
ParentesLev Trotski, tío Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0111566 BNE: XX1374760 Find a Grave: 7033571 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu en Chisinau, no Imperio Ruso, sendo sobriño do revolucionario Lev Trotski. Estudou na Sorbona e traballou para a unidade da Metro-Goldwyn-Mayer con sede en París. Na década de 1940 estableceuse como produtor independente. O primeiro filme da Samuel Bronston Productions foi Jack London, seguido por unha serie de filmes épicos, como King of Kings e El Cid.

Foi pioneiro en realizar as súas enormes producións no estranxeiro (concretamente en España) para reducir custos, creando uns xigantescos estudios en Las Rozas, Madrid. Alí traballou cun equipo creativo formado polo director Anthony Mann e o músico Miklós Rózsa, entre outros. O custo de construción dos seus estudios, xunto co fracaso de A caída do Imperio Romano levaron a Bronston a ter dificultades económicas, e en 1964 parou o negocio e caeu en bancarrota.

Anos despois descubriuse que tivera contas activas en Xenebra tras negalo con anterioridade. Por este motivo foi convicto por perxurio polos fiscais federais. Foi condenado polo tribunal de apelación, pero o Tribunal Supremo revogou a condena o 10 de xaneiro de 1973, indicando que as respostas literalmente verdadeiras mais tecnicamente enganosas non eran perseguibles como perxurio. O caso sentou xurisprudencia e mesmo chegou a ser invocado polos avogados do presidente Bill Clinton durante o “impeachment”.

A bancarrota e a persecución criminal afundiu a súa carreira, producindo tan só tres filmes desde 1964. Un proxecto épico sobre Isabel a Católica nunca se chegou a rodar. Finou en 1994 e foi enterrado en Las Rozas.

Filmografía

editar

Samuel Bronston produciu trece filmes entre 1942 e 1984:

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • ”Bronston Film Productions Files Bankruptcy Petition", New York Times, 6 de xuño de 1944, p. 15.
  • "Business Records", New York Times, 6 de agosto de 1965, p. 32.
  • Lyons, Richard D. "Samuel Bronston, Film Producer, 85", New York Times, 15 de xaneiro de 1994, p. 28

Ligazóns externas

editar