Anthony Mann

director de cinema estadounidense

Emil Anton Bundesmann, nado en San Diego (California) o 30 de xuño de 1906 e finado en Berlín o 29 de abril de 1967, foi un actor e director de cine estadounidense coñecido como Anthony Mann.

Anthony Mann
Anthony Mann na rodaxe de The Far Country (1954)
Nome completoEmil Anton Bundesmann
Nacemento30 de xuño de 1906
LugarSan Diego, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento29 de abril de 1967 (60 anos)
LugarBerlín, República Federal de Alemaña Alemaña Occidental (actualmente Alemaña Alemaña)
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enCentral High School
Cónxuxe(s)Mildred Mann (1936–1957)
Sara Montiel (1957–1963)
Anna (1964–1967
FillosNicholas
ProfesiónActor e director de cine (19421967)
Na rede
IMDB: nm0542649 Allocine: 10506 Allmovie: p101049 14336 IBDB: 14315
Find a Grave: 35105913 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

O seu pai, Emile Theodore Bundsmann, era un emigrante austríaco, e a súa nai Bertha Waxelbaum (apelido orixinal: Weichselbaum), proviña dunha familia xudía de Macon, Xeorxia.

Comezou a súa carreira de actor en Nova York, en salas pequenas do Off-Broadway. No 1938 trasladouse a Hollywood e en 1942 comezou a traballar como asistente de dirección. Comezou a sobresaír en Hollywood ó destacar no cinema negro clásico con filmes como He Walked by Night (1948), Railroaded!, T-Men e Raw Deal.

Tamén recibiu un significativo éxito no xénero western, especialmente nunha serie de colaboracións con James Stewart: Winchester '73, Far Horizons, The Naked Spur, The Far Country, O home de Laramie e O home do Oeste con Gary Cooper, considerado por moitos críticos como a súa obra mestra.

Os anos 60 centrouse en facer dúas grandes producións épicas co produtor Samuel Bronston: El Cid (1961) e A caída do Imperio Romano (1964).

Estivo casado con Sara Montiel, coa que traballou en Serenade xunto con outras estrelas como Joan Fontaine, Mario Lanza e Vincent Price. Polo seu traballo ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood no 6229 de Hollywood Boulevard.

Filmografía Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar