Winchester '73
Winchester '73 é un filme estadounidense de 1950 dirixido por Anthony Mann e protagonizado por James Stewart, Shelley Winters, Dan Duryea e Stephen McNally. Escrito por Borden Chase e Robert L. Richards, o filme trata sobre o cambio de propietario dun prezado rifle e a busca dun asasino fuxido.[2] Rock Hudson interpreta un nativo americano e Tony Curtis interpreta un soldado de cabalería sitiado, ambos en pequenos papeis ao comezo das súas carreiras. O filme recibiu un nomeamento ó Premio Writers Guild of America ó mellor guión dun wéstern.[3] Esta foi a primeira colaboración nun filme do Oeste entre Anthony Mann e James Stewart, e foi filmada en branco e negro.
Winchester '73 | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Winchester '73 |
Director | Anthony Mann |
Produtor | Aaron Rosenberg |
Guión | Borden Chase Robert L. Richards |
Baseado en | Historia de Stuart N. Lake |
Intérpretes | James Stewart Shelley Winters Dan Duryea Stephen McNally |
Fotografía | William H. Daniels |
Montaxe | Edward Curtiss |
Estudio | Universal Pictures |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 12 de xullo de 1950 |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Wéstern |
Recadación | 2 250 000 dólares (USA)[1] |
Na rede | |
En 2015, a Biblioteca do Congreso seleccionouno para a súa conservación no National Film Registry dos Estados Unidos por ser "culturalmente, historicamente ou esteticamente significativo".[4]
Personaxes
editar- James Stewart como Lin McAdam
- Shelley Winters como Lola Manners
- Dan Duryea como Waco Johnnie Dean
- Stephen McNally como Dutch Henry Brown
- Millard Mitchell como High-Spade Frankie Wilson
- Charles Drake como Steve Miller
- John McIntire como Joe Lamont
- Will Geer como Wyatt Earp
- Jay C. Flippen como sarxento Wilkes
- Rock Hudson como Young Bull
- John Alexander como Jack Riker
- Steve Brodie como Wesley
- James Millican como Wheeler
- Abner Biberman como Latigo Means
- Tony Curtis como Doan (acreditado como "Anthony Curtis")
- James Best como Crater
Notas
editar- ↑ 'The Top Box Office Hits of 2006', Variety, 3 de xaneiro de 1951.
- ↑ "Winchester '73". Internet Movie Database. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ "Awards for Winchester '73". Internet Movie Database. Consultado o 21 de marzo de 2012.
- ↑ Barnes, Mike (16 de decembro de 2015). "'Ghostbusters,' 'Top Gun,' 'Shawshank' Enter National Film Registry". The Hollywood Reporter. Consultado o 16 de decembro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Winchester '73 |
Ligazóns externas
editar- Winchester '73 na IMDb (en inglés).