Mercedes Gallego
María de las Mercedes Gallego Esperanza, nada en Ourense o 1 de xaneiro de 1952, é unha historiadora da arte e política galega.
Mercedes Gallego | |
---|---|
Nome completo | Mercedes Gallego Esperanza |
Nacemento | 1 de xaneiro de 1952 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritora |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
Traxectoria editar
Licenciouse e posteriormente doutorouse en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente aprobou unhas oposicións para dar clase no ensino secundario como catedrática de Xeografía e Historia no IES O Couto da cidade de Ourense, do que foi directora entre 1999 e 2004.[Cómpre referencia] Nese ano presentouse ás eleccións de 2004 encabezando a candidatura ourensá do PPdeG ao Senado, pola que resultou elixida.[1] Permaneceu na Cámara Alta durante os catro anos da lexislatura,[2] tempo tras o que se reincorporou ao ensino. No ano 2012 ocupou a xefatura Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense.[3]
Foi presidenta do Grupo de Arte Francisco de Moure (Ourense) entre 1993 - 2005.[Cómpre referencia]
Obra editar
- Gallego Esperanza, María de las Mercedes. (D.L. 1993). Evocación en piedra y bronce : escultura pública en Orense (1887-1992). Ourense: Servicio de Publicacións da Deputacion. ISBN 9788487575105. OCLC 434254003.
- Gallego Esperanza, María de las Mercedes. (1996). La escultura pública en Pontevedra (1. ed ed.). Pontevedra: Servicio de Publicaciones,Deputación Provincial de Pontevedra. ISBN 9788488363350. OCLC 43521693.
- Gallego Esperanza, María de las Mercedes. ([2003]). Villamarín en el nuevo milenio. [Ourense]: Deputación Provincial de Ourense. ISBN 9788496011373. OCLC 433751388.
- Gallego Esperanza, María Mercedes (2017). Acisclo : escultor. Ourense: Deputación Provincial de Ourense. ISBN 9788416643011. OCLC 1011560812.
- Gallego Esperanza, María de las Mercedes (2018). O Froilán (1ª ed.). [Ourense]. ISBN 9788469790342. OCLC 1050783794.[4]
Tamén escribiu os textos dos catálogos de diversas exposicións, como as dos artistas Xavier Cuíñas ou Carmucha Vázquez Prats, ademais de numerosos artigos de arte en xornais e revistas especializadas.[5]
Notas editar
- ↑ "El PP renueva en Ourense a tres, mantiene otros tantos y permuta los cónyuges del matrimonio González-Leyte". ourensedixital.com. Consultado o 20 de febreiro de 2019.
- ↑ "Ficha da senadora". senado.es (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2019.
- ↑ "La exsenadora Mercedes Gallego, jefa territorial de Educación". La Región (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2020.
- ↑ "Mercedes Gallego se inicia en el relato de ficción". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xaneiro de 2018. Consultado o 20 de febreiro de 2019.
- ↑ "María de las Mercedes Gallego Esperanza". Dialnet (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2020.