San Martiño, Francia

San Martiño (francés: Saint-Martin), oficialmente a Colectividade de San Martiño (en francés: Collectivité de Saint-Martin) é unha colectividade de ultramar de Francia situada no Caribe. Constituíuse o 15 de xullo de 2007.[nota 1] con 53,2 km² abarca o 60 % da parte norte da Illa de San Martiño e os illotes veciños, o maior dos cales é Tintamarre. O 40 % do sur da illa, Sint Maarten, é un dos catro países constituíntes que forman o Reino dos Países Baixos desde 2010. Este é o único lugar do mundo onde Francia ten fronteira cos Países Baixos.

Modelo:Xeografía políticaSan Martiño, Francia
Collectivité de Saint-Martin (fr) Editar o valor em Wikidata

Nomeado en referencia aIlla de San Martiño Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 18°04′31″N 63°03′36″O / 18.0753, -63.06Coordenadas: 18°04′31″N 63°03′36″O / 18.0753, -63.06
EstadoFrancia Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalMarigot Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación32.358 (2020) Editar o valor em Wikidata (608,23 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie53,2 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoPic Paradis (en) Traducir (424 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación21 de febreiro de 2007 Editar o valor em Wikidata
Moedaeuro Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.mf (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+590 Editar o valor em Wikidata
Código de paísMF Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2FR-MF Editar o valor em Wikidata
Código de departamento INSEE978 Editar o valor em Wikidata
Código municipal do INSEE97801 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcom-saint-martin.fr Editar o valor em Wikidata

A súa capital é Marigot.[1] Tiña unha poboación de 32.489 habitantes en xaneiro de 2019.[2] Está separada da illa de Anguila polo Canal Anguilla.[3]

Antes de 2007, a parte francesa de Saint Martin era unha comuna pertencente aos Departamento e rexión de ultramar franceses de Guadalupe. A pesar de separarse de Guadalupe en 2007 e gañar máis autonomía como colectividade de ultramar de Francia, Saint Martin segue sendo unha rexión ultraperiférica da Unión Europea e forma parte da Unión Europea zona euro. A efectos estatísticos, aínda está incluído na NUTS 2 (FRY1) e NUTS 3 (FRY10) de Guadalupe de Eurostat.

Etimoloxía editar

A illa foi nomeada por Cristovo Colón en honra a San Martiño de Tours porque a viu por primeira vez o día da festa do santo o 11 de novembro de 1493.[1]

Política e goberno editar

San Martín foi durante moitos anos unha comuna francesa, que formaba parte de Guadalupe, que é un departamento de ultramar de Francia e, xa que logo, atópase na Unión Europea. En 2003 a poboación da parte francesa da illa votou a favor da secesión de Guadalupe co fin de formar unha colectividade de ultramar (COM) distinta de Francia.[4] O 9 de febreiro de 2007, o Parlamento francés aprobou un proxecto para conceder o estatuto COM tanto á parte francesa de Saint Martin e (por separado) a veciña Saint Barthélemy.[5] O novo estatuto entrou en vigor unha vez que a asemblea local foi elixido o 15 de febreiro de 2007.[6] Saint Martin segue sendo parte da Unión Europea.[7]

A nova estrutura de goberno propia dunha colectividade de ultramar entrou en vigor o 15 de xullo de 2007 coa primeira reunión do Consello Territorial (francés: Conseil territorial) e a elección de Louis-Constant Fleming como presidente do Consello Territorial. O 25 de xullo de 2008 Fleming dimitiu logo de ser sancionado polo Consello de Estado durante un ano polos problemas coa súa campaña electoral de 2007.[8] O 7 de agosto, Frantz Gumbs foi elixido como Presidente do Consello Territorial.[9] Con todo, a súa elección foi declarada nula o 10 de abril de 2009 e Daniel Gibbs foi nomeado como Presidente en Funcións do Consello Territorial o 14 de abril de 2009..[10]

Antes de 2007, San Martín codificouse como GP (Guadalupe) na ISO 3166-1. En outubro de 2007, recibiu o código MF ISO 3166-1 (alfa-2 código), MAF (alfa-3 código), e 663 (código numérico).[11]

Escudo editar

O escudo de armas da colectividade de ultramar francesa de San Martiño conta cunha nave, unha palmeira e un sol, e léese "Collectivité de Saint Martin".[12] A comuna que existía ata o 22 de febreiro de 2007, utilizou armas similares, pero coa lenda "Ville de Saint Martin".[13][14]

 
Bandeira oficiosa[15]

Demografía editar

A parte francesa da illa ten unha superficie de 53´2 km². Un dialecto local baseado no inglés fálase en situacións informais en ambos os lados da illa francesa e holandesa.[16] No censo Francés de xaneiro de 2011, a poboación da parte francesa da illa era de 36.286 habitantes (fronte a só 8.072 habitantes no censo de 1982), o que significa un densidade de poboación é de 682 hab./km² en 2011.

Poboación histórica
1885 1954 1961 1967 1974 1982 1990 1999 2006 2011
3,400 3,366 4,502 5,061 6,191 8,072 28,518 29,078 35,263 36,286
Cifras oficiais dos censos franceses.

Economía editar

 
Bandeiras ondeando no porto de Marigot, Saint-Martin.

A moeda oficial de San Martín é o euro, aínda que o dólar estadounidense tamén é amplamente aceptado. O turismo é a principal actividade económica.

Mapas editar

Notas editar

  1. The French law was passed in February 2007, but the new status only came in force once the local assemblies were elected, with the second leg of the vote ultimately occurring on 15 July 2007. See J. P. Thiellay, Droit des outre-mers, Paris:Dalloz, 2007.
Referencias
  1. 1,0 1,1 "CIA World Factbook – Saint Martin". Consultado o 24 de xullo de 2019. 
  2. "Populations légales des collectivités d'outre-mer en 2019". INSEE (en francés). Government of France. Consultado o 2022-02-21. 
  3. "Encyclopedia Britannica – Saint Martin". Consultado o 24 de xullo de 2019. 
  4. Staff reporter, last= (9 de decembro de 2003). "French Caribbean voters reject change". Caribbean Net News. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2009. Consultado o 9 de febreiro de 2007. However voters on the two tiny French dependencies of Saint-Barthelemy and Saint-Martin, which have been administratively attached to Guadeloupe, approved the referendum and are set to acquire the new status of "overseas collectivity". 
  5. Staff reporter (9 de febreiro de 2007). "Saint-Barth To Become An Overseas Collectivity" (PDF). St. Barth Weekly. p. 2. Consultado o 9 de febreiro de 2007. 
  6. "Les élections du futur conseil territorial font débat - Politique - Nouvelles sur Newmedia.fr - New Media : Infos Guadeloupe, Martinique, Guyane, Saint-Martin, Saint-Barthelémy, Caraïbes - Infos Newmedia.fr". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2009. Consultado o 01 de setembro de 2015. 
  7. The Treaty of Lisbon states that Saint-Martin is a part of the EU. See: "Treaty of Lisbon, Article 349 and 355". Consultado o 18 de marzo de 2010. .
  8. Staff reporter (28 de xullo de 2008). "Louis-Constant Fleming démissionné par le conseil d’Etat" (en French). fxgpariscaraibe. Consultado o 17 de agosto de 2008. 
  9. Staff reporter (8 de agosto de 2008). "Frantz Gumbs elected new president of Collectivité". The Daily Herald. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2011. Consultado o 17 de agosto de 2008. Frantz Gumbs, formerly president of Union Pour le Progrès (UPP) party, swept into power as new president of the Collectivité at an extraordinary meeting of the Territorial Council on Thursday after winning the 23-councillor vote with a clear majority over Marthe Ogoundélé-Tessi. 
  10. http://rulers.org/2009-05.html
  11. ISO 3166-1 Newsletter. Assignment of code elements for Saint Barthélemy and Saint Martin and update of France and other French Territories
  12. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 01 de setembro de 2015. 
  13. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de xullo de 2008. Consultado o 01 de setembro de 2015. 
  14. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2002. Consultado o 01 de setembro de 2015. 
  15. This "local" variant of the flag is listed as "dubious" at the Flags of the World website.
  16. Holm (1989) Pidgins and Creoles, vol. 2

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar